Realismo e credibilidade das partidas orzamentarias

Desde as 9,00 horas atas as 19,20 horas de hoxe compareceron na Comisión de Fomento do Congreso os altos responsables do Ministerio de Fomento, sendo de valorar que tanto o secretario de Estado de Infraestructruas, Rafael Catalá, como o presidente de Adif, Enrique Verdeguer, garantan o realismo e a credibilidade do investimento previsto para a Alta Velocidade en Galicia nos PGE do 2012.

Pero teño que lamentar que, unha vez máis, representantes de CIU e agora dio PSOE  dubiden da necesidade dun investimento máis que xusta para a nosa CC.AA.

Pola mañá, Catalá explicou a solidez dos datos de investimento contemplados nas contas públicas e aclarou que a intención do Goberno é axilizar ao máximo os trámites administrativos, vixiar a execución das obras e controlar ás empresas adxudicatarias para garantir o seu cumprimento.

Ademais de defender o investimento en Galicia, Catalá anunciou que o Ministerio de Fomento ten previsto tamén ampliar a extensión da rede dos trens de proximidade durante o 2012 e, neste sentido, falou de que se estudará a posibilidade de implantar este medio de transporte na nosa Comunidade Autónoma.

Pola tarde, o presidente de Adif, Enrique Verdeguer defendeu que o Goberno está disposto a cumprir o seu investimento previsto en Galicia e, neste sentido, destacou que o novo Executivo xa adxudicou 8 tramos, por importe de 743 millóns de euros, aos que, segundo dixo, hai que engadir dous CPP por importe de 379 millóns máis, en total 1.122 millóns. A esta cantidade hai que sumar a inminente adxudicación doutros 7 tramos, por importe de 927 millóns, aos que hai que sumar 92 millóns máis en subministracións, en total, 1.019 millóns de euros.

Sorprendentemente a pesar de que o meu labor era a de presidir a Comisión de Fomento na que estaban intervindo os distintos altos cargos do ministerio para explicar os PGE do 2012 tiven que intevernir en tres ocasións por alusións para defender a xustiza dos investimentos previstos en Galicia.

A miña primeira intervención foi tras ser aludido polo portavoz do BNG, Francisco Jorquera, que asegurou que os investimentos previstos para Lubián-Ourense non poderían executarse e recordou que en 2009 Celso Delgado denunciara a imposibilidade de que se investisen os 254 millóns de euros orzados entón polo PSOE. Segundo expliquei, efectivamente entón era imposible gastar a totalidade dese diñeiro, como se demostrou un ano despois cando o Goberno tivo que recoñecer que se executaron menos de 2 millóns de euros e perdéronse 252, pero a situación hoxe é outra. Hoxe hai tramos en obra e outros a piques de comezalas e é posible gastar, entón non estaban nin licitados.

Teño que lamentar que o BNG defenda hoxe a imposibilidade de non executar estes orzamentos pero non dixese unha soa palabra respecto diso en 2009, cando realmente eran coñecedores desa imposibilidade real.

Intervín por segunda vez ante a insistencia do representante de CIU en cuestionar a cantidade prevista para investir no AVE galego. Nesta ocasión, recordei a Pere Macias que hoxe existen 28 enlaces de tren diarios entre Barcelona e Madrid, todos menos un en AVE e cunha duración de 2,30 horas, polo que é de xustiza que Galicia, que só ten un servizo diúrno e dous nocturnos, que duran 7 e 10 horas, mellore a súa situación actual de absoluto illamento.

Pola súa banda, o portavoz dos socialistas, o granadino Manuel Pezzi, tamén descualificou ironicamente o investimento previsto para o AVE galego falando de que a Galicia lle tocou “a lotería”, ao que contestei recordándolle que en Andalucía están celebrando o 20 aniversario da chegada do AVE e agora tocáballes a outros territorios como Galicia.



Ver debate en directo


http://www.laregion.es/noticia/205868/adif/asegura/licitaran/siete/tramos/lubian-ourense/2012/pero/concretar/partidas/segun/

http://www.laregion.es/quencho.php

http://www.laregion.es/opinion/13963/

http://www.cincodias.com/articulo/empresas/fomento-destapa-contratos-1300-millones-suspendidos-adjudicar/20120418cdscdiemp_14/

http://www.crtvg.es/informativos/tirapuxa-entre-os-grupos-politicos-polo-investimento-previsto-nos-presupostos-para-a-alta-velocidade-galega-299947#.T47OBrPUP18

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/18/ciu-acusa-fomento-dar-trato-privilegiado-galiciacriticas-psoe-respuesta-ciu/0003_201204G18P13991.htm

Con la tecnología de Blogger.