miércoles, 14 de marzo de 2012

Unha reordenación do mapa municipal necesaria, imprescindible e que os cidadáns demandan


Sen dúbida é unha excelente noticia que hoxe dous concellos coruñeses, o de Cesuras e Oza dos Ríos decidisen con valentía, de mutuo acordo e sen imposicións a súa fusión nunha entidade local máis grande en beneficio dos seus veciños.

Trátase de dous concellos do ámbito do rural que ven como esmorecen as súas poboacións e que queren volver a agruparse para ter garantía de continuidade no futuro, e así ter viabilidade, sumando os seus presupostos, as súas capacidades e os seus servizos públicos.

Parabens aos alcaldes destes Concellos, ao Presidente da Deputación provincial e ao Conselleiro da Presidencia que animaron este proceso e por suposto ao Presidente Feijóo que definiu desde o comezo do seu mandato o apoio decidido e firme da Xunta, nos ámbitos político, administrativo e económico aos concellos que apostasen pola cooperación.

Unha vez mais Galicia é pioneira anticipándose na adaptación da planta municipal de España do século XX ao do século XXI dando así desposta as inquedanzas que os cidadáns demandan.

Seguro de que outros concellos galegos percorrerán este camiño no futuro.