Acabo de rematar unha entrevista radiofónica en Radio Líder na que falamos do acordado onte no Pleno do Congreso dos Deputados cando foi aprobada, con 197 votos a favor e 142 en contra, a convalidación do Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.
Dixen que a decisión adoptada de que continue a súa tramitación como proxecto de lei polo procedemento de urxencia, abre a posibilidade de incluír emendas dos Grupos Parlamentarios antes da súa aprobación definitiva. O que evidencia unha clara vontade de diálogo.
Falei de que esta reforma pretende crear as condicións necesarias para que a economía española poida volver crear emprego e así xerar a seguridade necesaria para traballadores e empresarios, para mercados e investidores. Os principias obxectivos da reforma laboral son mais empleabilidade, mais estabilidade, mais dereitos, mais felxibilidade interna na empresa, mais eficacia nas relacions laborais e mais eficiencia no uso dos recursos públicos.
Dixen que o Partido Popular aprobou esta reforma por estar convencido da sua necesidade pero que tamén que ven imposta pola pertenza a unha Unión Europea que demanda unhas reglas comuns en materia de emprego e relacións laborais. E nese aspecto esta reforma nos asemella mais ás lexislacions dos paises mais prósperos de Europa.