Hoxe durante a presentación do presidente da Fegamp, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, no ‘Forum Europa. Tribuna Galicia’, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, pronuncióu unha importante mensaxe e celebrou que a alianza de concellos estea pasando “das xeneralidades ao detalle” e propuxo elaborar un regulamento a nivel estatal que asente este proceso en criterios obxectivos.
Comparto plenamente a afirmación de Feijóo de que se necesita a implicación das autoridades estatais para que, sen condicionantes localistas, regule a administración local e redefina con criterios obxectivos –poboación, extensión...- a formación de concellos; en definitiva un regulamento estatal que asente en criterios obxectivos o camiño da cooperación municipal”.
Ademais engadiu o presidente da Xunta que é necesaria a implicación das autoridades autonómicas, que no caso de Galicia vai ser completa, como se ten demostrado, por exemplo, ao primar nas axudas aos concellos que se asocian para compartir servizos. E necesítase tamén a implicación das autoridades municipais, para que a alianza de concellos pase das xeneralidades ao detalle, e do detalle ao feito.
Tamén comparto a sua afirmación de que a revisión do mapa municipal é un camiño sen retorno porque é unha necesidade da que cada vez se convence máis xente e que é necesario seguir impulsando a colaboración entre concellos para abaratar custos, mellorar e compartir servizos, ben sexa a través dunha fusión pola vía de feitos ou ben a través dunha fusión formal e completa.