viernes, 20 de enero de 2012

Reforma dos organismos reguladores

No Consello de Ministros de hoxe informouse polo Goberno da intención de reformar os organismos reguladores, tras a proliferación dos mesmos durante a etapa de Goberno socialista.

O obxectivo pretendido polo executivo de Rajoy é simplificar ao máximo o número destes organismos que supón un gasto público desorbitado, para facelos máis eficaes, independentes e austeros.

Tras a aprobación da Lei de Economía Sostible os organismos reguladores multiplicáronse ata o punto de solaparse nas súas competencias.

Sobre este tema xa tiven ocasión de intervir con ocasión do nomeamento dos membros da Comisión Nacional da Enerxía.

Unhas reformas que deben devolver a confianza ao sector económico e aos consumidores e que deben garantir a profesionalidade e transparencia destes organismos.