martes, 31 de enero de 2012

Coordinación e enmendas



Hoxe o voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, deu a coñecer a nova de que serei o coordinador dos populares galegos no Congreso e que Juan Juncal, exercerá o mesmo papel no Senado.

Lembrar que PPde G conta na Cámara Alta con 14 dos 19 senadores galegos, e no do Congreso conta con 15 dos 23 deputados da comunidade.

Tamén deu a coñecer que os militantes do PP de G presentan mais de 70 enmendas ás ponencias que se debatirán no vindeiro XVII Congreso do Partido Popular que se celebrará en Sevilla, no que participarán 274 compromisarios degalegos, o que supon a terceira delegación mais numerosa.