Coñecidas as primeiras medidas do Goberno procede recoñecer o esforzo de austeridade que está facendo e valorar positivamente que decidira manter o seu compromiso de actualizar o poder adquisitivo das pensións, tal e como anunciou o PP durante a campaña electoral.
Tamen valoramos como o Goberno cumpre o seu compromiso de facer unha repartición equitativa dos esforzos do axuste, e evita unha subida do IVE e dos impostos especiais que penalizarían por igual a todas as rendas.
Así repártese o sacrifico deste esforzo entre todos os cidadáns de xeito xusto, de forma que o maior esforzo recae nas rendas máis altas.
Impostos extraordinarios e temporais que agardamos produzcan un incremento recadatorio que beneficiara a todas as Administracións, xa que máis do 50% destinarase a Comunidades Autónomas e Entes Locais a través do modelo de financiamento.
Compre lembrar unha vez mas que estas medidas supón un esforzo de 15.000 millóns de euros, dos cales 9.000 correspóndense á redución de gasto, tal e como Rajoy comprometen durante a campaña electoral e que responden á necesidade de afrontar o primeiro problema de España, que é o paro, e que só se pode vencer se hai facilidade para o financiamento da economía do país, algo que o déficit publico non permite.