domingo, 6 de noviembre de 2011

Os dous primeiros días de campaña

O pasado venres foi o primeiro día de campaña, e dediquei a mañá a atender a varios medios de comunicación e a múltiples reunións.

Pola tarde viaxei con Carmen Leyte e Ana Vázquez ata Á Rúa de Valdeorras, onde fomos recibidos por Avelino Ferradal, o seu alcalde e a presidenta local, María Jesus Magadán e tras recibir ao presidente Feijóo paseamos polas súas rúas e visitamos comercios e establecementos de hostalería, contactando con centeneraes de cidadáns. Unha satisfación estar nesta vila hospitalaria e chea de encanto.

Logo desprazámonos á moi puxante vila do Barco de Valdeorras e alí no teatro Lauro Olmo, ao carón do Río Sil, celebramos o primeiro mitin de campaña. Falou o seu presidente local Moisés Blanco, J.Manuel Baltar, eu mesmo e Alberto Núñez.

Onte  sábado foi un día intenso de campaña.

Comezamos ás 9 horas cunha reunión do comité e máis tarde viaxei a Allariz. Alí estiven primeiro na nosa sede e en compañía de militantes e de Antonio Rodríguez Miranda axudándolles nas súas tarefas e logo percorremos xuntos e na compaña de J.Luis Baltar as súas magníficas rúas e visitamos os seus comercios e cafeterías, entregando as nosas propostas electorais.

Máis tarde viaxei á vila Celanova, e ao pé do seu imponente mosteiro de San Rosendo recibimos ao presidente do PP de G e tras un paseo con seu alcalde Antonio Mouriño, celebramos nun céntrico restaurante un mitin, seguido dunha comida con simpatizantes e militantes.

Despois continuamos a nosa campaña viaxando ata o Ribieiro, a moi histórica Ribadavia, e alí con Alberto Núñez e J. Manuel Baltar acompañados dos dirixentes e militantes populares da localidade paseamos e visitamos varios establecementos de hostalería.

Finalmente reanudamos a nosa actividade viaxando a Baltar, un concello na fornteira con Portugal, onde está o Couto Mixto. Alí ás 20,30 ante un repleto auditorio de mozos participei nun mitin organizado por Novas Xeracións e no que falei fundamentalmente das propostas do PP para os mocidade. Presentou Jackeline Fernández Macias, a candidata nº 4 ao Congreso é presidenta de NN.XX de Ourense. Tamén asistiu Ana Vazquez, nº 3 da candidatura, quen no ano 2000 sendo presidenta da mesma organización xuvenil foi elixida deputada.

Foi unha xornada moi intensa na que tiven a oportunidade de contactar con centenares de persoas e coñecer as súas inquietudes e preocupacións e desde logo a de visitar tres das vilas máis bonitas e históricas da nosa provincia e un dos nosos concellos rurais cun medio natural mais envexable.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/05/galicia/1320492954.html
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Marcaje/gallego/Rubalcaba/Blanco/elpepuespgal/20111105elpgal_9/Tes