Presentación como candidato



Hoxe a primeira hora da mañá tivemos en Ourense, no edificio Simeón, o acto de presentación do cabeza de lista ao Congreso por Ourense, diante de mais dun cento de persoerios da vida económica, social, profesional, deportiva, cultural e vecinal, amén de representantes políticos da provincia.

Abriu o acto o presidente provincial do PP, José Manuel Baltar, que tras presentar o conxunto da candidatura ás Cortes Xerais, deu paso ao Presidente do PP de G, quen tras presentarme pronunció importantes mensaxes que destaco de seguido:

“Que se reunirá co novo ministro de Fomento nos cen primeiros días de Goberno para blindar un compromiso de principio a fin da lexislatura coas infraestruturas galegas. Trátase, por tanto, de blindar a vixencia do Acordo do Obradoiro que consiste en facer en prazo e pagar en prazo a alta velocidade a Galicia. E para blindar o resto das infraestruturas polas que aínda agarda Galicia, especialmente as autovías pendentes e retrasadas tamén nas últimas legislaturas”

“O Acordo do Obradoiro, lonxe dun regalo divino por cortesía de ningún dos seus asinantes, é a xusta esixencia expresada polos galegos a través dos seus votos. Dicir outra cousa é traizoar a memoria de todos os galegos, que saben que case oito anos de goberno deberían ter dado para moito máis que, no caso do AVE a Madrid só 2 de cada 10 quilómetros estean en servizo (ningún en Galicia) ou para que case o 40% do tramo galego non estea aínda nin sequera en contratación”

“Galicia necesita un Goberno central que, a diferenza do Goberno socialista, se comprometa de principio a fin da lexislatura co AVE galego e co resto das infraestruturas pendentes na comunidade.”

“ O PP fará e pagará o AVE galego e destacou que unha das cidades máis beneficiadas será Ourense; e abofé que serán moitos os cidadáns que, despois dunha longa espera, disfrutarán por fin dos beneficios dunha conexión que os andaluces teñen dende xa hai décadas.”



http://portal.ppdegalicia.com/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-feijoo-compromete-blindar-pacto-obradoiro-primeros-cien-dias-gobierno-pp-20111107130829.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=990045
Con la tecnología de Blogger.