Balance dos resultados electorais en Galicia


Hoxe viaxei a Compostela para asistir ao Comité de Dirección do PP de G , seguido dunha rolda de prensa na no que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou que canto a xente máis precisa de rigor e sentido común nas administracións públicas confía no Partido Popular.

Afirmou que é o momento da unidade e de, máis aló dos slogans, asumir todos como cidadáns que desta soamente sairemos xuntos e, nesa maneira de ver o futuro, convocou a todos os cidadáns de Galicia.

Nesta xuntanza fixemos balance dos resultados electorais de onte, que Núñez Feijóo calificou de “históricos” e tirou dez puntos clave:

1. O PPdeG consolídase como a forza maioritaria da Comunidade. Así, se en 2008 a suma do PSOE e BNG superaba ó PP en case 120.000 apoios; desta volta o PP logrou máis de 220.000 votos que socialistas e nacionalistas xuntos, duplicando prácticamente o número de escanos que eles lograron.

2. O PPdeG consegue a maior porcentaxe de deputados logrados nunca cun 65%. Dous de cada tres parlamentarios galegos que senten no Congreso dos Deputados serán do PPdeG.

3. O PPdeG supera o 50% dos votos nas catro provincias galegas. Ademais, logra subir en todos os territorios da Comunidade respecto ás pasadas eleccións xerais de 2008.

4. O PPdeG é a forza máis votada en 307 dos 315 municipios galegos. É dicir, en case o 98% dos concellos de Galicia.

5. O PPdeG é a forza máis votada nas sete cidades galegas. Sobe 6 puntos no voto urbano respecto a 2008, superando ao PSOE en case 15 puntos.

6. O PPdeG rexistra a cuarta suba en porcentaxe de votos de todas as comunidades. A segunda se se ten en conta que en Aragón e en Extremadura o PP concorría en coalición con outras forzas políticas.

7. Das comunidades que teñen outorgado representación parlamentaria a máis de dúas forzas, Galicia é a segunda en porcentaxe de voto.

8. O PPdeG supera en aproximadamente 8 puntos a media lograda polo patido a nivel estatal. Concretamente Lugo medrou máis de 11 puntos na porcentaxe de voto respecto a 2008.

9. O PPdeG aspiraba a subir catro deputados e logrouno. O BNG aspiraba a manter a súa representación parlamentaria. Logrouno. O PSdeG aspiraba a ter un mellor resultado que o PSOE a nivel estatal. Non o logrou. De feito, o PSOE tivo máis dun punto de porcentaxe de voto que o PSdeG.

10. Un militante do PPdeG, un galego, vai a ser o próximo presidente do Goberno de España.

MENSAXE AOS GALEGOS

Por outra banda, o presidente do PPdeG transmitiu unha mensaxe aos máis de 2,7 millóns de galegos afirmando que constituimos “un pobo pequeno, pero valiente” e como comunidade autónoma “seguiremos facendo todo o que estea nas nosas mans para ser parte activa da solución aos problemas de España”.

Con respecto a isto, asegurou que se alguén en Galicia, en España, en Europa ou no mundo cre que os populares se rendirán ante as dificultades, equivócanse.

Do mesmo xeito, afirmou que a única persoa que xa ten un lugar no Consello de Ministros é un galego, nacido en Santiago, cidadán de Pontevedra, ao que agora os populares lle desexan todos os éxitos e ao que lle brindan todo o seu apoio.
Con la tecnología de Blogger.