viernes, 11 de noviembre de 2011

Balance da primeira semana de campaña


Hoxe pola mañá, o presidente provincial J. Manuel Baltar, acompañado polos cabezas de lista ao Congreso e ao Senado, Celso Delgado e Carmen Leyte, deu unha rolda de prensa.

Baltar, dixo que "o mellor termómetro para medir a ilusión e as ganas de cambio político na cidadanía é a masiva afluencia de persoas aos mítines, reunións e encontros que está a celebrar o Partido Popular por toda a provincia de Ourense".

No ecuador da campaña electoral son xa máis de 8.000 as persoas que asistiron aos actos do PPOU na capital e nos municipios da provincia percorridos até o de agora polos candidatos ao Congreso e ao Senado, acompañados por cargos populares e dirixentes locais, provinciais e autonómicos do partido.

Subliñou a destacada presenza do presidente do PPdeG e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen estivo en Ourense os cinco primeiros días de campaña, e que volverá a Ourense o día do mitin central, e tamén destacou a presenza do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda que asistiu á apertura da carpa electoral e volverá estar en Ourense na vindeira semana.

Rajoy en Ourense

Manuel Baltar cualificou de magnífica e exitosa a primeira semana de campaña polo entusiasmo que notamos na xente, e afirmou que tanto ou máis o vai ser a segunda semana, en concreto o vindeiro martes, coa visita a Ourense de Mariano Rajoy, "quen ven para asumir compromisos con Ourense e para estar cos ourensáns a pé de rúa, para escoitalos, para falar cos cidadáns, porque así é como se fai política, cun contacto total e directo coa xente, e non como fixeron Felipe González e Zapatero que se atrincheraron na Moncloa dándolle as costas á cidadanía".

A axenda de Mariano Rajoy en Ourense inclúe tamén unha visita á sede do PP, onde manterá un encontro cos membros da Xunta Directiva Provincial, cos que analizará as estratexias e os proxectos que os populares teñen para os 92 concellos da provincia.