miércoles, 10 de agosto de 2011

Inexplicable negativa a convocar a comisión de seguimento do Pacto do Obradoido



Resulta inexplicable e contraria á lealdade institucional a negativa do Ministerio de Fomento a convocar a comisión de seguimento do Pacto do Obradoiro.

Recordo que o Goberno da Nación -a través do Ministerio de Fomento- e a Xunta de Galicia acordaron o 21 de xullo do ano 2009 a firma dun ptocolo - coñecido como Pacto do Obradoiro - no que se plasman unha serie de compromisos en orde a garantir o obxectivo da pronta chegada da alta velocidade a Galicia.

Nese protocolo pactouse que: “ao obxecto de facilitar o cumprimento de todos os obxectivos sinalados, a Xunta de Galicia desenvolverá en estreita colaboración e coordinación co Ministerio de Fomento as actuacións conexas que lle correspondan no exercicio das súas competencias”.

E para iso, acordaron constituír unha Comisión de Seguimento para avaliar a planificación, o grao de licitación e execución orzamentaria dos investimentos previstos, que celebrará dous tipos de reunións:

"- Unha reunión anual, presidida polo Ministro de Fomento e o Presidente da Xunta de Galicia.

- Unha reunión cuadrimestral, presidida polo Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas, en representación do Ministerio de Fomento, e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en representación da Xunta de Galicia."

Pois ben, pese a que esta reunión foi solicitada en tempo e forma polo conselleiro Agustín Hernandez ao secretario de Estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, a resposta recibida fo de rotunda negativa a explicar no foro correspondente a situación real do AVE de modo que a Xunta ten que coñecer por outras vías os retrasos, tal e como sucedeu coa reprogramación das licitacións e o que vén de suceder coa cos retrasos do Eixo Atlántico (os cronogramas das construtoras e os documentos dos técnicos do Ministerio revelan que o Eixo Atlántico no estará rematado ata finais de 2013, incluso o ano 2014, polas reprogramacións de Fomento, que dende o Ministerio están sendo ocultadas)

A realidade é que, como manifestaba hoxe o Conselleiro Agustín Hernández, agora máis que nunca é necesaria e imprescindible a convocatoria da Comisión de Seguimento do Pacto do Obradoiro, para coñecer a verdade e as previsións de Fomento, pois é o marco establecido para facer o seguimento do AVE a Galicia.

Corresponde ao ministro de Fomento dicir a verdade aos cidadáns sobre a situación dos prazos da AVE e non criticar o traballo de seguimento e análise que responsablemente fai a Xunta e os seus técnicos.

Agardamos que o Ministro rectifique e convoque a comisión do seguimento.