domingo, 26 de junio de 2011

Sobre a vindeira actividade parlamentaria


A vindeira semana será dunha gran intensidade no Congreso dos Deputados.

Mañá desde as 19,00 horas teremos unha sesión solemne en recordo e homenaxe ás Vítimas do Terrorismo pois o 27 de xuño foi institucionalizado como o Día das Vítimas do Terrorismo.

O martes 28, ás 12,00 horas comezará o Debate de Política Xeral sobre o Estado da Nación, coa presentación da comunicación do Goberno por parte do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, sen límite de tempo. E tras a súa exposición, suspenderase a sesión, que se renovará pola tarde, ás 16:00 horas, para que tomen a palabra os representantes dos grupos parlamentarios, por orde de maior a menor importancia numérica, con excepción do Grupo Parlamentario Socialista, que o fará en último lugar. Comezará xa que logo Mariano Rajoy.

A sesión continuará o mércores, día 29 de xuño, ás 9:00 horas, coa intervención dos Grupos Parlamentarios que non o fixeron na xornada anterior.

Unha vez concluído o Debate, abrirase o prazo para a presentación de propostas de resolución e o 30 de xuño, a partir das 10:00 horas comezará o debate das mesmas.