miércoles, 1 de junio de 2011

Preocupacion polos delitos contra a propiedade cometidos na provincia de Ourense.


Fai poucos días os deputados ourensáns do Partido Popular rexistrabamos unha batería de preguntas sobre os delitos contra a propiedade cometidos na provincia de Ourense.

Aludiamos a que os roubos de materiais da construción - ferramentas e maquinarias - en obras e polígonos empresariais, non cesan de producirse na nosa provincia ocasionando grandes prexuízos económicos a empresas e autónomos á vez que xeran unha monumental inseguridade.

E preguntabamos:

É consciente o Goberno de que debe incrementar na provincia de Ourense os medios humanos das Forzas e Corpos de Seguridade para evitar os numerosos roubos de materiais da construción?

¿Que, medidas de prevención e investigación deste tipo de delitos adoptáronse?

¿Cal foi no pasado ano 2010 e o que levamos de 2011, o número de persoas detidas pola comisión deste tipo de delitos?

Tamén nos faciamos eco dos roubos de materiais de cobre, especialmente cableados, na provincia de Ourense, que están afectando a particulares, empresarios e dun modo singular aos concellos xa que ven obrigados a repor tendidos para o alumado público e o cableado instalacións eléctricas en centros educativos, deportivos e de lecer, etc.

E diciamos que estes prexuízos teñen un custo económico elevado - e máis nun momento de seria crise económica - e que xeran un gran desasosego e inseguridade.

E preguntabamos:

¿ É consciente o Goberno de que ha de incrementar na provincia de Ourense os medios humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade para evitar os numerosos roubos de materiais de cobre, especialmente de cableados?

¿Que, medidas de prevención e investigación deste tipo de delitos adoptáronse?

¿Cal foi no pasado ano 2010 e o que levamos de 2011, o número de persoas detidas pola comisión deste tipo de delitos?

Tamén nos faciamos eco dos roubos con forza en domicilios particulares que se converteron nunha moi mala noticia diaria na provincia de Ourense.

Roubos que se producen no ámbito urbano e tamén na nosa zona rural afectando a agricultores, gandeiros e persoas maiores que viven nas aldeas.

E preguntabamos:

¿Dispón o Goberno na provincia de Ourense dalgún plan específico dedicado á prevención e represión deste tipo de delitos de roubos con forza en domicilios particulares tanto no medio urbano como rural?

¿Dispón a Garda Civil na provincia de Ourense do suficiente número de medios humanos e materiais para protexer ás persoas que viven no medio rural?

¿Cal foi no pasado ano 2010 e o que levamos de 2011, o número de persoas detidas pola comisión deste tipo de delitos?

Finalmente aludiamos a que en setembro de 2010 facíase pública a Memoria da Fiscalía Xeral do Estado que recollía a actividade do Ministerio Fiscal desenvolvida durante o ano 2009, así como a evolución da criminalidade, a prevención do delito e as reformas convenientes para unha maior eficacia da Xustiza.

E que incluía esa Memoria de 2010 un apartado dedicado á Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia, en cuxo territorio comprender a Fiscalía Provincial de Orense, coa Sección Territorial de Verín.

E nesa Memoria faise mención en que na provincia de Ourense no ano 2009 creceron as dilixencias previas incoadas por delitos contra o patrimonio. Neste capítulo contabilizáronse 9.745 dilixencias previas o que, en comparación coas 8.071 dilixencias incoadas no anterior exercicio, supón un incremento porcentual do 20,74 por 100.

Unha análise individualizada das distintas figuras delituosas que integran este capítulo, reflectía un ascenso xeneralizado nas figuras delituosas de máis frecuente comisión así, as dilixencias por furto subiron nunha porcentaxe do 8 por 100, pasando de 3.210 a 3.467,as incoadas por roubo nun 37,38 por 100, subindo de 1.185 a 1.628, os roubos con violencia subiron de forma menos acusada rexistrando 462 dilixencias fronte ás 451 do ano 2008, as estafas aumentaron de 543 a 692, o que supón un 27,44 por 100, os danos, tamén aumentan sensiblemente, nunha porcentaxe do 28,84 por 100, rexistrando 2.720 causas fronte ás 2.111 contabilizadas no ano 2008.

Pois ben á espera de coñecer os datos do ano 2010 que serán dados a coñecer en setembro de 2011 preguntamos:

¿Que, valoración fai o Goberno do dato de que no ano 2009 en Ourense, crecesen as dilixencias previas penais incoadas por delitos contra o patrimonio un 20,74 por 100?

Agardaremos as respostas.