viernes, 10 de junio de 2011

Vehículos de ocasión en Expourense



Hoxe acudín a Expourense para asistir ao acto inaugural do salón Motorocasión, no que os concesionarios de Ourense pretenden vender os seus stocks de vehículos de segunda man.

Nun momento no que as cifras de vendas de coches novos é deprimente (- 23,3 %), a demanda de coches usados segue crecendo en España (19 %). Así segundo datos dados a coñecer pola Federación de Asociacións de Concesionarios da Automoción (FACONAUTO) no mes pasado, por cada coche novo vendéronse dous de segunda man.

Espero que este evento que puxo en marcha a Organización Feiral Galega (Ofega), sexa un éxito e os concesionarios, que traviesan momentos de dificultade, vendan os seus excedentes, que polo que puiden ver no recinto feiral ourensán, teñen unha moi boa relación calidade-prezo.