martes, 10 de mayo de 2011

Concellos máis austeros, transparentes e eficientes.



Hai catro días o noso Secretario Xeral, Alfonso Rueda presentaba o noso programa que foi coordinado por Pedro Puy e que é froito das aportacions de colectivos, asociacións, sindicatos e de simpatizantes, militantes e mesmo de anónimos que quixeron trasladar as suas inquedanzas na recente Convención do PP de G.

Trátase dun completo documento estructurado en 376 medidas con catro eixos principais: o emprego, a máxima prioridade do partido, o benestar social, clave para os Concellos posto que son os primeiros prestados de servizos aos cidadáns, a mellora da calidade de vida nos nosos municipios, a aspiración que da razón de ser ás campañas electorais e aos equipos de Goberno, e a mellora dos gobernos locais.

Salientar, nesta entrada, o apartado adicado a austeridade, a transparencia e a procura da eficiencia no gasto público que deben sempre acompañar á xestión dos asuntos públicos e aínda máis en tempos como os actuais, nos que todas as administracións están suxeitas a fortes restricións de gasto como consecuencia da caída dos ingresos.

Fálase no programa de que as administracións públicas, coma calquera outra unidade económica, sexa unha familia ou unha empresa, non poden vivir permanentemente gastando máis do que se ingresa. Trátase de controlar os elevados déficits públicos e voltar a orzamentos sostibles e equilibrados para garantir a viabilidade futura dos servizos públicos do estado de benestar.

Recóllese que os candidatos e candidatas do PPdeG, conscientes da gravidade da situación económico-financeira pola que están a atravesar todas as administracións públicas, pero moi especialmente os concellos, e convencidos de que os gastos e investimentos municipais teñen hoxe máis que nunca que adicarse a atender as verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas, e comprométense a traballar dende os concellos pola austeridade, a transparencia e a eficiencia na xestión.

Tamén abordase en relación coa mellora da xestión orzamentaria, que os concellos deben avanzar cara un mellor cumprimento das previsións e da execución dos orzamentos das entidades locais, cara unha racionalidade na execución do gasto público baseada en criterios de eficacia, eficiencia e economía, e cara ao respecto á legalidade en todas as actuacións da entidade.

Acadar o cumplimento destos compromisos é todo un reto que os candidatos do PP de G van a afrontar, sen dubida.