viernes, 29 de abril de 2011

A piques de chegar aos cinco millóns de parados


Hoxe foi publicada a Enquisa de Poboación Activa (EPA) corresponden ao primeiro trimestre de 2011.

Estos son os principais resultados no conxunto de España:

A ocupación rexistra neste período un descenso de 256.500 persoas, ata un total de 18.151.700 ocupados.

A taxa interanual de variación do emprego é do - 1,32%.

A poboación activa baixa en 42.900 persoas neste trimestre.

O número de parados aumenta en 213.500 persoas, o que sitúa o total de desempregados en 4.910.200.

A taxa de paro crece case un punto e sitúase no 21,29%.

Pola súa banda, a taxa de actividade baixa 11 centésimas, ata o 59,88%.

A perda de ocupación reflíctese en incrementos do paro e do número de inactivos.

Por sexo, no caso das mulleres o aumento do desemprego é superior, debido á diminución das mulleres inactivas.

Por idades, o emprego crece nos maiores de 50 e descende entre os máis novos.

Todos os sectores reducen o seu número de ocupados este trimestre.

A Industria rexistra 82.000 menos, a Construcción 78.500, os Servizos 74.600 e a Agricultura 21.300.

Os asalariados con contrato indefinido descenden en 139.100 e os asalariados con contrato temporal fano en 54.300, respecto do trimestre anterior.

O número de fogares con todos os seus membros activos en paro aumenta en 58.000, no trimestre e sitúase en 1.386.000.

Por comunidades autónomas, a taxa de desemprego oscila entre o 11,61% de País Vasco e o 29,68% de Andalucía.

A de actividade fluctúa entre o 51,43% de Principado de Asturias e o 64,24% da Comunidade de Madrid.

A ocupación rexistra este trimestre o seu maior aumento en Canarias e presenta os seus maiores descensos en Comunitat Valenciana, Comunidade de Madrid, Andalucía e Cataluña.

Pola súa banda, o paro experimenta o seu maior descenso en Comunidade de Madrid e rexistra os maiores aumentos en Andalucía, Cataluña, Comunitat Valenciana e Galicia.

Fonte: INE