lunes, 4 de abril de 2011

En marzo, tamén medra o paro



Hoxe foron difundidos os datos oficiais de paro rexistrado de marzo de 2011.

Os datos son os seguintes:

PARO REXISTRADO:

A 31 de marzo de 2011 había na provincia de Ourense: 28.186 parados rexistrados, 177 mais que en febreiro de 2011 (0,63%) e 1.298 mais que en marzo de 2010 (4,83 %)

Distribución por sexo

13.229 homes
14.857 mulleres

Distribución por idades

2.700 menores de 25 anos
25.486 maiores de 25 anos

Distribución por sectores 968 na agricultura, 4.131 na industria, 3.952 na construcción, 15.117 nos servizos e 3.601 sen emprego anterior.

En Galicia o paro medra en relación co mes anterior en 967 persoas (0,39 %). Pechamos marzo con 249.246 parados, 12.797 máis que fai un ano (5,41 %).

A media de crecemento de paro no mes de marzo en Galicia é a metade da media do Estado O paro, crece pois menos en Galicia que en España e dentro das CCAA nas que sube o desemprego, Galicia é a segunda comunidade onde menos sube o paro en termos relativos, só despois de Canarias

Trátase de datos negativos porque hai un incremento, pero con todo, son lixeiramente mellores que os rexistrados nos mesmos meses dos últimos dous anos

Distribución por sexo

116.590 homes
132.656 mulleres

Distribución por idades

23.428 menores de 25 anos
225.818 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

6.418 na agricultura, 37.623 na industria, 39.663 na construcción, 135.590 nos servizos e 29.952 sen emprego anterior.

No conxunto de España o paro aumenta en relación co mes anterior en 34.406 persoas (0,80 %).

Este dato de crecemento é negativo tendo en conta que marzo sempre foi un mes que se mostrou positivo para o mercado laboral ata o inicio da crise.
Pechamos pois marzo con 4.333.669 parados, 167.056 máis que fai un ano (4,01 %.)

Distribución por sexo

2.150.248 homes
2.183.421 mulleres

Distribución por idades

483.251 menores de 25 anos
3.850.418 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

143.431 na agricultura, 505.173 na industria, 762.528 na construcción, 2.531.424 nos servizos e 391.113 sen emprego anterior.

Fonte: Servizo Estatal de Emprego