sábado, 12 de marzo de 2011

Imos seguir traballando para manter unha entidade financieira solvente e galega



Hoxe tivemos en Santiago de Compostela reunión do Comité de Dirección do PP de G, na que o tema central de debate foi o análise do acontecido nos últimos días en relación co proceso de reestructuración do sistema financieiro, que culminou coa convalidación co voto do PSOE e os seus aliados do Decreto que tenta borra a Galicia do horizonte financieiro español.

O  goberno socialista de Zapatero e José Blanco decidiu blindar as entidades non apetecibles para o mercado e as beneficia a costa de perxudicar ás entidades que teñen maior solvencia, como Novacaixagalicia.

Transmitmos ao presidente do Partido e da Xunta de Galicia o noso recoñecemento polo intenso traballo realizado e o apoio decidido para seguir loitando para manter que non se lle quite aquelo ao que ten dereito, unha entidade financieira solvente e galega.

Seguimos traballando. Nin nos imos render nin tirar a toalla.