sábado, 19 de marzo de 2011

En Paderne, na posta en servizo do acondicionamento da estrada OU-101


Onte estiven en Rioseco, Paderne de Allariz, no acto de posta en servizo do acondicionamento da estrada OU-101 no treito de 15 quilómetros que conecta Maceda co acceso ao Parque Tecnolóxico.Presidiu o acto o Presidente da Xunta que reafirmou o compromiso coa Galicia interior, e tamén falou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández que destacou que son unhas obras nas que a Xunta investiu máis de 10 millóns de euros que van a mellorar a calidade de vida dos 15.000 habitantes dos concellos da comarca.

Son uns necesarios investimentos, para mellorar interseccións, reforzar firmes, correxir trazados, dotar de pasos superiores e inferiores, que van a incrementar a comodidade e a seguridade de condutores e peóns.