domingo, 6 de febrero de 2011

Apoio ás medidas de racionalización do gasto na prestación farmaceutica


O pasado venres o Consello de Ministros acordou solicitar ao presidente do Goberno a interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Galicia sobre racionalización do gasto na prestación farmacéutica, do 22 de decembro de 2010.
 
E tamén acordou expor un conflito positivo de competencia ao Goberno da Xunta de Galicia en relación ao acordo do Consello da Xunta de Galicia de 30 de decembro de 2010, polo que se aproba o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos desta Comunidade Autónoma.

O Goberno socialista, según a referencia de A Moncloa, entende que ambas disposicións vulneran as competencias que ao Estado atribúe a Constitución en materia de coordinación xeral da Sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos e lexislación básica e réxime económico da Seguridade Social.

Estou em contra de estos anúncios que se revisten dunha argumentación xurídica, pero o certo é que todo indica que as suas motivacions son políticas.

A citada Lei de Galícia pretende asegurar a sustentabilidade do sistema sanitario público, e para isto actúa sobre un dos puntos máis críticos que poden estar a ameazalo na actualidade: o incremento do gasto na prestación farmacéutica. A implantación dun catálogo priorizado de produtos farmacéuticos é unha das medidas que se considera que poden axudar a racionalizar este gasto.

Este catálogo ten como obxectivo último o financiamento selectivo de medicamentos e produtos sanitarios dentro do Nomenclátor oficial de produtos farmacéuticos elaborado polo ministerio responsable en materia de sanidade. Neste sentido, con respecto aos medicamentos, o catálogo selecciona algúns dos recollidos nun mesmo conxunto de intercambio, entendendo como tal o conxunto dos que teñen o mesmo principio activo, a mesma dose, a mesma presentación e igual número de unidades por envase.

Estes medicamentos do conxunto de intercambio posúen a mesma eficacia, seguridade e calidade e considéranse intercambiables entre si. O criterio que se debe aplicar para levar a cabo esta selección de medicamentos de cara á elaboración do catálogo priorizado será o do prezo menor, establecido periodicamente polo ministerio responsable, para cada medicamento no conxunto de intercambio, coas premisas de asegurar o abastecemento e de evitar situacións de perturbación do mercado.

Esta Lei e o Catálogo é unha actuación rigorosa e eficiente adoptada no marco das nosas competencias estatutarias e contribúe á sostenibilidade do sistema sanitario público de Galicia que debe primar por riba de intereses de carácter particular.

Resulta moi preocupante que o Goberno socialista coincida na súa argumentación co expresado polas multinacionais farmacéuticas, que defenden os seus intereses e os seus beneficios económicos, por enriba dos intereses xerais.

Unha vez mais o meu apoio á Lei e ao Catálogo Galego de Medicamentos e o meu desacordo total cos anuncios do Goberno Central.