domingo, 23 de enero de 2011

En Sevilla, na Convención do Partido Popular, baixo o lema "Podes confiar"



Hoxe clausuramos en Sevilla a Convención do Partido Popular co discurso de Mariano Rajoy,

Dixo que España quere deixar atrás a división, a fractura social, o debilitamiento da Nación e a deterioración de valores básicos na nosa sociedade e que empeza un novo tempo político.

Emprazounos a comezar unha nova etapa na que todos os nosos pasos, todas as nosas iniciativas e os nosos esforzos deben ir encamiñados nun dirección: reconstruír a confianza dos españois e encabezar unproyecto de recuperación nacional.

Non faltaron apelacións a que abremos ser austeros, vixiar o diñeiro, reducir o déficit, e rebaixar a débeda xa que só así volverá a confianza ao noso país e o crecemento e o emprego deixarán de estar bloqueados.

Fixo unha clara defensa do Estado das Autonomías, das que dixo que deberían ser austeras, fortes e eficaces, comprometidas co interese nacional.

Finalmente formulou unha chamada a unha sociedade forte, que non se resigna á decadencia porque España non é un caso perdido e non quere resignarse.

Fixo pois unha chamada que non se limita aos membros do Partido Popular, nin aos seus simpatizantes nin aos seus electores.

Emprazounos a unha gran tarefa de recuperación nacional que esixe o esforzo de toda a Nación, traballando pola concordia e o benestar.