miércoles, 1 de diciembre de 2010

Solucions para normalizar o tráfico aéreo en Galicia


Hoxe os deputados populares galegos reclamamos do Ministro de Fomento unha urxente solución aos problemas que se están producindo no espazo aéreo galego como consecuencia da decisión dos controladores de Santiago de non acudir ao traballo en horario nocturno alegando que xa cumpriron o máximo de horas que permite a lei.

Desde o pasado sábado, os paros parciais dos controladores provocan atrasos e desviacións de voos ante a falta de persoal no Centro de Control da área de Santiago. Problemas que afectan fundamentalmente a Labacolla e ás aproximacións de Peinador e Alvedro.

Os deputados galegos do PP recordamos que o pasado 19 de agosto de 2010 o Ministerio de Fomento e Aena (Aeroportos Españois e Navegación Aérea) celebraban a decisión da Asemblea Nacional do sindicato USCA de ratificar o acordo de bases sobre o novo convenio colectivo dos controladores aéreos asinado o día 13 de agosto por Aena e a dirección de USCA.

O citado acordo foi considerado entón polo Ministerio de Fomento como positivo e dicíase “que aseguraba a prestación do servizo e a paz laboral e garantía unhas condicións laborais equiparables ás dos seus colegas europeos”.

Lembramos que desde o ministerio de José Blanco asegurouse que o novo Regulamento aprobado en desenvolvemento da Lei 9/10 que regula a xestión do tránsito aéreo fixaba entre outros extremos os límites de actividade anual dos controladores en 1.670 horas máis as 80 horas que permite o Estatuto dos Traballadores.

Entendemos que estos feitos acreditan que esos temas non quedaron ben resoltos, xa que existen diferenzas entre AENA e controladores sobre o cómputo das horas extraordinarias e afirmamos que é imprescindible que á maior urxencia, desde o Ministerio de Fomento e AENA, se búsquen solucións ao conflito para que volva a normalidade ao tráfico aéreo da Comunidade.

Non é admisible que a interpretación do contido dunha norma legal motive un paro parcial dos controladores xusto cando haberá máis usuarios, xa que estamos en vésperas dunha longa ponte de decembro e das próximas vacacións de Nadal.

Pedimos ao Goberno que actúe inmediatamente para liquidar un problema laboral inxustificable - que descualifica a capacidade de xestión e dirección de AENA - e tamén solicitamos aos controladores que, se desexan defender as súas reivindicacións, non o fagan prexudicando aos usuarios dos aeroportos galegos, polo que lles instamos a deixar sen efecto estas medidas de presión.