martes, 28 de diciembre de 2010

As frías estatísticas sobre as condicións de vida das familias

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado hai xa doce anos, que goza dun recoñecido prestixio no desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma.


Na actualidade o dirixe J, A. Campo Andión que hoxe mesmo daba a coñecer a “Enquisa de condicións de vida das familias referida ao ano 2009”, que chamoume moito a atención e que me fai reflexionar sobre a intensidade da crise económica, sobre o noso grave problema demográfico e a dependencia cada día maior das ptestacions, cunha incidencia especial en Ourense. Detras da frialdade das crifras

Istos son algúns dos resultados mais salientables que puden consultar na web e que coido deben ser coñecidos e difundidos:

Composición dos fogares.

A día 31 de decembro de 2009 existían en Galicia 1.036.931 fogares, dos cales o 19,8% estaba constituído por unha única persoa, o 31,3% por dúas, o 24,7% por tres e o 24,2% restante contaba con catro ou máis membros.

Na provincia de Ourense o número de fogares unipersonais era do 26,0 %, case sete puntos mais que no conxunto da Comunidade.

Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos.

En Galicia existen 215.959 fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos, o que supón o 20,8% do total de fogares galegos.

Pontevedra é a provincia cunha menor porcentaxe de fogares deste tipo (17,7%) e no outro extremo atópase a provincia de Ourense cun 29,1%., nada menos que 39.973 persoas.

Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos

Dos mozos de 25 a 34 anos que viven cos pais, un 60,8% ten ingresos procedentes só de traballo. Esta porcentaxe cae ao 32,3% entre os mozos de 18 e 24 anos. Dentro deste último grupo de idade, a porcentaxe máis alta é a dos mozos sen ingresos que acada o 50,4%.

Situación demográfica dos grandes concellos.

Dos sete grandes concellos de Galicia, Pontevedra e Vigo son os que presentan unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 39% e un 41,5%, respectivamente). Dos 41.712 fogares con que conta a cidade de Ourense, un 24,1% son fogares unipersoais.

Por outra banda Ourense presenta unha porcentaxe de fogares compostos por persoas de 65 ou máis do 22,3 % maior á media galega (20,8%).

Situación económica.

No ano 2009 o ingreso medio mensual dos fogares galegos acada os 2.010 euros, inferior en 19 euros ao do ano anterior. Por provincias, son A Coruña e Pontevedra as que presentan maiores ingresos medios mensuais (2.098 e 2.041 euros, respectivamente).

Ourense, con 1.729 euros ao mes, é a que presenta ingresos máis baixos.

Estrutura de ingresos dos fogares

O 54,8% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 11,6% do traballo por conta propia, o 30,8% de prestacións e o 2,8% restante de rendas e outros ingresos.

Na provincia de Ourense 46,0% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 14,0 % do traballo por conta propia, o 37,5 % de prestacións e o 2,6 % restante de rendas e outros ingresos.

Pontevedra e A Coruña son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo (69,1% e 67,4%, respectivamente) mentres que Lugo e Ourense son as que contan con maiores porcentaxes de ingresos procedentes de prestacións.

Fogares nos que os ingresos por prestacións representan máis dun 50%, 75% ou 100% do total dos seus ingresos.

No 39,8 % dos fogares galegos máis do 50% dos seus ingresos provén das prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 50,4 %.

No 32,3 % dos fogares galegos máis do 75 % dos seus ingresos provén das prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 43,6 %.

No 28,2% dos fogares galegos o 100% dos seus ingresos provén das prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 40 %.

Limiar monetario de pobreza segundo a composición do fogar.

No ano 2009 a taxa de risco de pobreza de Galicia sitúase no 14,3%, superior á do ano 2008 (13,9%).

O limiar depende, polo tanto, do número de persoas que compoñen o fogar. Para un fogar unipersoal o limiar en 2009 é de 605,02 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos o limiar é de 907,5 euros/mes.

Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (18,3%) e a máis baixa á Coruña (12,9%). Con respecto ao ano 2008, diminúe a taxa de risco de pobreza en Lugo e Ourense (0,8 e 3,4 puntos porcentuais, respectivamente) e aumenta na Coruña e en Pontevedra ( 0,9 e 1,7 puntos).

Porcentaxe de fogares con dificultade ou moita dificultade para chegar a fin de mes.

En 2009 o 41,9% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 42,2% con dificultade e o 15,9% restante con moita dificultade, o que supón un aumento con respecto ao ano 2008 (11%).

Por áreas xeográficas, na área Pontevedra sur o 75,99% dos fogares teñen dificultade ou moita dificultade para chegar a fin de mes. Pola contra, na área de Ferrol-Eume-Ortegal esta porcentaxe é do 50,29%.

Ingresos dos fogares

Para os sete grandes concellos, Santiago, con 2.446 euros, é o que presenta o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ourense (2.019 euros).

Gastos dos fogares

O 22% dos fogares galegos ten gasto en hipoteca da vivenda principal, cun gasto medio de 467,7 euros ao mes. Por provincias, A Coruña é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca (23,9%) e Pontevedra é a que rexistra un maior gasto medio mensual neste concepto (490,3 euros/mes). Ourense conta porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca (15,3%) cun gasto medio mensual de 404,2 euros.

No tocante ao aluguer, o 10,5% dos fogares galegos teñen gasto en aluguer da vivenda principal e o gasto medio mensual, unha vez descontadas as axudas, sitúase en 301 euros ao mes. Por provincias, A Coruña é a que presenta unha maior porcentaxe de fogares con gasto en aluguer (11,6%) e Pontevedra o maior gasto (344,1 euros/mes).Na provincia de Ourense a porcentaxe é do 8,5 % e o gasto en aluguer situase en 286 euros.