martes, 30 de noviembre de 2010

Unanimidade para que o Congreso tramite unha proposición de lei do Parlamento galego para restituír os topónimos oficiais nas capitanías marítimas, distritos e accidentes xeográficos da costa de Galicia.


Hoxe no Congreso acordou por unanimidade tramitar unha proposición de lei do Parlamento de Galicia para restituír os topónimos oficiais nas capitanías marítimas, distritos e accidentes xeográficos da costa de galega.

A iniciativa pretende modificar a lei de Portos de 1992 para adecuar as capitanías e os distritos marítimos á toponimia oficial de Galicia, xa que no desenvolvemento da presente lei recóllese que esta terá a forma establecida na súa lei autonómica de 1983, na que só se concibe a opción galega.

Para defendela veu unha delegación do Parlamento galego, integrada polo nacionalista Bieito Lobeira, o socialista Francisco Cerviño e polo representante do PP de Galicia o vilalbés, Agustín Baamonde.