domingo, 28 de noviembre de 2010

Galicia: unha Comunidade solvente


Esta semana o Consello de Política Fiscal e Financeira afrmó que cumpriron a lei de estabilidade presupostaria no ano 2009 en senso estrito, tres Comunidades Autónomas: A Rioxa, Madrid e Galicia.

Queda claro que somos unha comunidade solvente da que os mercados se fían, e que ten superado as súas capacidades de endebedamento.

O plantexamento do Goberno socialista de que Galicia se endebe por 2.600 millóns de euros para facer fronte ao pagos pendentes non é a mellor solución.

Como ten dito o Presidente Feijóo, a solución óptima é que o Goberno de España cumpra o Plan de Financiamento aprobado no Consello de Política Fiscal e Financeira, e nos transfiran o Fondo de Cooperación.