sábado, 2 de octubre de 2010

Reclamando a circunvalación de O Barco de Valdeorras



Hoxe pola mañá viaxei a O Barco de Valdeorras acompañando ao Presidente do PP de Ourense, José Manuel Baltar.

Unha vez nesa Vila e tras ser recibidos polo Vicepresidente da Deputación e portavoz local do PP no Barco nos deplazamos ata Millarouso e andamos pola estrada N-536 ata un punto polo que deberá transcorrer a futura estrada de conexión coa N-120. Alí atopámonos con veciños deste Concello e comparecemos ante os medios de comunicacións locais.


Denunciamos a parálise que sofre este proxecto do Ministerio de Fomento que se iniciou no ano 2003 e que os socialistas ralentizaron e que non avanzou nada desde o 19 de maio de 2009, data na que se aprobou o seu estudo informativo.

 Levamos máis de dezaseis meses esperando a que se licite o proxecto deste viario de 5,7 km de lonxitude que permitiría circunvalar O Barco e evitar así que polo centro da Vila atravese o enorme volume de tráfico pesado que hoxe soporta.

Manifestei a nosa indignación polo feito de que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2011 tan só consigne 134.1000 € para este proxecto cando en 2010 consignou 350.000 € -  que probablemente queden sen gastar - como xa ocorreu con boa parte das partidas de anos precedentes. Así en 2008 dos 50.000 € orzados só gastaron 37.840 e en 2009 dos tamén 50,000 € orzados só executaron 12.000.

En definitiva quixemos chamar a atención sobre un proxecto de estrada que é importante e necesario para a segunda poboación en importancia da provincia de Ourense e motor de boa parte da nosa economía e que merece máis respecto e consideración.

Imos á seguir pelexando por conseguir este ansiado obxectivo.