viernes, 1 de octubre de 2010

Zapatero quere que os investimentos dos PXE en Galicia lle saian gratis ao Estado afrontando eses gastos co diñeiro que lle reclama á Xunta

Onte chegou o Congreso o proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para Galicia e tras un primeiro analise chego á conclusión de que Zapatero pretende que os investimentos da Administración Central en Galicia para 2011 lle saian gratis ao Estado, pagando as mesmas con parte dos 2.600 millóns que lle reclama á Xunta.

Tras analizar os grandes datos dos Presupostos Xerais do Estado para o ano que vén, teño que lamentar que o Executivo central pretenda cadrar as súas contas á conta das galegas, e critico o feito de que o Estado pretenda ingresar máis fondos de Galicia dos que Galicia ingresará do Estado.

Lembro que Madrid reclama a Galicia 2.600 millóns de euros mentres debuxa nos PXE un investimento de 1.550.457,48 millóns de euros, un 22,66 % inferiores ao ano anterior. Ademais esa cantidade non é sequera a terceira parte do que o Executivo de José Luís Rodríguez Zapatero lle debe a Galicia, pois desde que goberna o PSOE en Madrid deixou de gastar na Comunidade 5.000 millóns que comprometeu a Galicia nas contas públicas 2004-2010 e que non executou.

Creo que os Presupostos Xerais do Estado dos gobernos socialistas carecen de credibilidade, posto que acostuman a recoller previsións de ingresos que non se cumpren, e a prever investimentos que non se executan.

Pido ao Goberno que a redución prevista no investimento non afecte ás obras pactadas no seo do Pacto do Obradoiro, e lembro que dos 3.362 millóns de euros que o devandito acordo establecía como meta para licitar neste ano, o importe real de licitación, tal como se recolle no BOE, ascende a menos de 100 millóns de euros, o que supón o 3% do importe total comprometido.

Considero que o incumprimento dos acordos neste sentido son intolerables, e pídolle ao Goberno que rectifique as contas públicas para blindar os acordos fixadas no Pacto do Obradoiro. A realidade é que obras importantísimas para Galicia aparecen mal dotadas nos PXE, como a chegada da Alta Velocidade desde a Meseta, o Eixo Atlántico e a Autovía do Cantábrico.

En conclusión, considero que os PXE do 2011 supoñen un novo tesoirazo de Zapatero, que pon en risco a prestación de servizos básicos en Galicia, por tanto non son uns Presupostos para saír da crise senón para prolongar a agonía dos parados galegos, as familias e as pemes.

Son uns PXE inxustos e antisociais, posto que condenan a 721.761 pensionistas galegos a ver conxeladas as súas pensións por primeira vez na historia deste país.

 Son irreais e non creíbles: fundaméntaos nun crecemento de máis do dobre do que sinalan o Banco de España e a Comisión Europea.

O Goberno resígnase a dejar a España cun 20 % de paro xusto logo de aprobar a reforma laboral. Os intereses da débeda é a partida que máis sobe, 4.000 millóns de euros ata 27.000 millóns.

O luns, 4 de outubro, comezan as comparecencias en Comisión para que os responsables dos distintos departamentos ministeriais expliquen as partidas correspondentes. Estas comparecencias prolongaranse ata o xoves, día 7.


Entre os días 19 e 21 de outubro celebrarase o debate de totalidade do Proxecto de Lei de Orzamentos, no caso de que se presentou algunha emenda que pida a devolución do proxecto ao Goberno.


A semana do 2 ao 4 de novembro terá lugar o debate na Comisión de Orzamentos, que analizará e votará as emendas presentadas para elaborar o ditame que será elevado a Pleno do 15 ao 18 de novembro.



http://www.farodevigo.es/galicia/2010/10/01/crisis-fuerza-recortar-galicia-500-millones-inversion-24/477267.html

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/01/0003_8756107.htm


http://www.elmundo.es/elmundo/2010/09/30/galicia/1285878100.html


http://www.europapress.es/galicia/noticia-ppdeg-critica-cuentas-credibilidad-avisa-gobierno-aun-debe-5000-millones-galicia-20100930194224.html


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG