martes, 19 de octubre de 2010

Debate de totalidade Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2011

Hoxe tivemos no Pleno do Congreso a primeira parte do debate dos Presupostos Xerais do Estado, que comezou ás 12,00 horas, coa presentación do proxecto por parte da vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Economía, Elena Salgado.

Unha vez finalizada a súa intervención, interrompeuse a sesión para renovarse ás 16,00 coa defensa das emendas á totalidade, en orde de maior ou menor en función do número de deputados de cada grupo parlamentario.

Comezou Mariano Rajoy decindo que “estamos ante uns orzamentos que nin son adecuados, nin son sociais, nin son austeros, nin son fiables. De feito, anuncian máis paro, máis débeda, máis impostos, máis   recortes sociais e menos investimentos”

Outras frases destacadas do seu discurso foron:

“Estos PGE son perniciosos polos seus contidos e lamentables polas súas carencias.

Son a expresión numérica do rotundo fracaso da súa política económica. É o Goberno, o que cos seus números, certifica o desastre da súa política.

O recorte de gastos non é do 7,9% que pregoaron, senón inferior ao 2%

As dúas partidas de gasto máis importantes son as referidas ás prestacións por desemprego (30.140 millóns de euros) e aos pagos de intereses pola débeda (27.400 millóns de euros)

Estes PGE son os do machadazo a quen xa non teñen con que defenderse: os pensionistas.

A eliminación da dedución por vivenda habitual vai supor un incremento de 1.350 euros ás familias de rendas medias que adquiran unha vivenda.

Finalizou a sua intervención decindo os socialistas: “Sei que lles custa crelo, pero España pode recuperarse e recuperarase en canto fáganse as cousas ben. Vostedes teñen unha mentalidade de náufragos e non o ven, porque xa non pensan máis que en sobrevivir.

O que España necesita non é o que vostedes lle están ofrecendo e se vostedes néganse a realizalo, terán que facelo outros e, entón, regresará a confianza, regresarán os investimentos e regresarán as ofertas de emprego.

Iso é o que a xente quere, aínda que vostedes non o queiran oír.

Queren que en España se restauren a verdade, o esforzo e a certidumbre. Que se fale de aforro, de responsabilidade, de traballo.”