miércoles, 11 de agosto de 2010

Respaldo a T-Solar: unnha empresa de vangarda para Ourense

Recibo con satisfacción a nova de que a Consellería de Economía e Industria ven de aprobar recentemente, da man de Xesgalicia, a concesión dun préstamo de 5 millóns de euros a empresa T-Solar, unha compañía que ten feito un extraordinario esforzo inversor na posta en marcha en Ourense dun proxecto empresarial pioneiro e cunha clara vocación estratéxica .

Esta compañía implantada na Tecnópole, de Galicia, en San Cibrao das Viñas, conta cunha gran fábrica de módulos solares fotovoltaicos, que destaca pola sua avanzada tecnoloxía de lámina delgada de silicio.

No mes de xuño tiven a oportunidade de visitar este empresa acompañado polos deputados galegos do partido popular e de man dos seus dirixentes coñecimos pólo miúdo esa extraordinária realidade que aposta póla innovación, a tecnoloxía o desenvolvemento e a internacionalización , e que da traballo de alta calidade.

Esta axuda da Xunta chega nun momento en que a incertidume sobre o marco regulatorio das primas por parte do Goberno de Zapatero está creando moitos problemas as empresas xeradoras de enerxías limpas. E por suposto resulta especialmente oportuna nun contexto de enormes restriccions financieiras que lastran a actividade das compañías.

O meu desexo de que este forte respaldo económico da Consellería de Economía e Industria lle sirva a T-Solar para avanzar nos seus obxectivos e gañar en competitividade.