domingo, 11 de julio de 2010

Non hai motivos para demorar a licitacion dos restantes tramos de Lubian a Ourense

Onte instaba ao Ministerio de Fomento a sacar a licitación de inmediato o tramo do AVE entre Lubián e Cerdedelo co obxectivo de recuperar o tempo perdido e cumprir o Pacto do Obradoiro, tanto en prazos como en orzamentos. Facía estas declaracións tras coñecer que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño decidiu non someter o proxecto a unha nova declaración de impacto ambiental.
Segundo o meu parecer, esta decisión dá a razón á actual Xunta, que en todo momento defendeu a necesidade de establecer cautelas ambientais sen que iso supuxese a necesidade dunha nova DIA, e demostra que as dúbidas lanzadas desde Fomento tiñan como obxectivo o intento de imputar ao Goberno galego o atraso que acumula a licitación deste tramo fundamental para a conexión entre Galicia e Madrid.
Unha vez despexadas estas dúbidas considero que queda claro que o Ministerio de Fomento xa non ten escusas para desbloquear e sacar a concurso de inmediato a execución das obras, co obxectivo de alcanzar o compromiso de licitacións que establece o Pacto do Obradoiro para 2010, e que nestes momentos atópase nun grao de cumprimento moi baixo.

Esperamos ver plasmadas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2011, que se presentarán despois do verán, as partidas suficientes para garantir un avance significativo neste tramo do AVE Lubián-Ourense, o que imprescindible para conseguir que a alta velocidade coa Meseta estea concluída no 2015.