miércoles, 16 de junio de 2010

Sobre a próxima subida da Luz

Hoxe na sesión de control do Congreso Mariano Rajoy preguntó ao Presidente Zapatero sobre un tema de actualidade que afecta de xeito directo aos cidadáns, a subida da luz.

Dixo o Presidente do PP que os prezos da electricidade para as familias baixaron un 14,2 por cento entre os anos 1996 e 2004, e desde que gobernan os socialistas subiron un 50,2 por cento. Os prezos para usos industriais, tamén segundo Eurostat, desde o ano 2006 subiron o 47,2.

Recordou que só seis países dos vinte e sete da Unión Europea teñen unha electricidade máis cara que España para as familias e só oito dos vinte e sete unha electricidade máis cara para o consumidor industrial. Isto fai tres anos non era así, os prezos estaban por baixo da media da Unión Europea.

Dixo que isto afecta ao peto dos cidadáns e tamén á competitividade das empresa, e que agora, desde o Ministerio de Industria expónllenos para o mes de xullo unha subida do 4 por cento que se suma ao 2,6 por cento de subida de 1 de xaneiro.

Afirmou Rajoy que o déficit de tarifa no ano 2004 era de 1.400 millóns; hoxe é de 18.000 millóns de euros e explicolulle a Zapatero por que pasa isto.

Dixo “Isto pasa porque vostede non ten política energética, pasa pola súa política de primas e subvencións a determinadas enerxías que se lle foron da man e agora pretenden rectificar; pasa polas súas decisións absolutamente baseadas en prexuízos ideolóxicos coas nucleares; pasa polas súas políticas partidistas e pasa porque non ten modelo enerxético. Esa é a verdade e todos sabémolo. Señor presidente do Goberno, fíxese en que situación están os españois neste momento: baixa o soldo aos funcionarios, conxela as pensións, 4,5 millóns de persoas non poden traballar, soben os impostos nas comunidades onde gobernan, sobe a luz e agora sobe o IVE, o 2,6 en xaneiro, o 4 por cento en xullo e unha subida de 2 puntos da luz”.

Rematou decindo que Zapatero está afectando ao poder adquisitivo dos españois, que teñen que pagar os seus erros. E recordoulles que a súa primeira obrigación hoxe é facer un modelo enerxético entendible, barato, non sectario e que xere seguridade xurídica.