viernes, 25 de junio de 2010

Galicia e a presidencia española da UE




Onte no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal, falamos entre outros temas do balance para Galicia da Presidencia española da Unión Europea no primeiro semestre de 2010.


Dixen que a presidencia española de la UE era o momento para que os estaleiros da ría de Ferrol pudieran abrirse á construcción civil, e que non houbo ningún avance. Non caben excusas diante dese fracaso.


Critiquei as decepcionantes declaracións efectuadas o pasado mércores no Congreso polo presidente Rodríguez Zapatero, nas que cualificou de moi difícil que a UE levante o veto que impide a construción civil na antiga ASTANO.

Citei os moitos acordos parlamentarios e resolucións aprobadas tanto nas Cortes Xerais como do Parlamento de Galicia, e as iniciativas populares que reclamaban unha xestión activa do Goberno de España ante a UE reivindicando o mantemento da capacidade de facer buques nos estaleiros que están en desuso.
Pero o certo e que Zapatero renunciou a plantexar este debate; nin sequera intentou falar do veto dos estaleiros de Fene-Ferrol.

Coincido plenamente co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que tamén afirmou onte, na rolda de prensa do Consello, que “a presidencia de España na Unión Europea supuxo claramente un non: non ao sector naval, non ao sector lácteo, non ao sector agrícola, non aos fondos de transición, non aos fondos transfronteirizos e un non ao Xacobeo”.

Unha gran oportunidade perdida.Mágoa.