miércoles, 2 de junio de 2010

Descenso do paro rexistrado

Acabamos de coñecer os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2010 o que nos permite facer a comparativa cos mesmos datos de maio de 2009.

PARO REXISTRADO:

A 31 de maio de 2010 había na provincia de Ourense: 25.890 parados rexistrados (2.182 más que en maio de 2009) e 514 menos que en abril de 2010.

Distribución por sexo

11.868 homes 14.022 mulleres

Distribución por idades

2.532 menores de 25 anos 23.358 maiores de 25 anos

Distribución por sectores

942 na agricultura, 4.098 na industria, 3.832 na construción, 14.035 nos servizos e 2.983 sen emprego anterior.
Alégrome moito polos 514 ourensáns que atoparon un emprego, pero me seguen preocupando, e moito, os 25.890 que seguen buscando.

En Galicia o paro redúcese en relación co mes anterior en 5.409 persoas (- 2,31 %). Pechamos maio con 228.507 parados, 20.989 máis que fai un ano.

En España: O paro redúcese en relación co mes anterior en 76.223 persoas ( -1,84 %). Pechamos maio con 4.066.202 parados, 446.063 máis que fai un ano.

Óxala siga a senda de de crecemento do emprego e que estos bos datos non se convertan nun espellismo para deixar de facer as reformas que necesita España.
Fonte: Servizo Público de Emprego Estatal