viernes, 16 de abril de 2010

Unha voz única para reclamar a A-76 e o AVE entre Ponferrada e Monforte


Onte estiven en Ponferrada asistindo a unha nova reunión para o seguimento das infraestruturas que afectan ás dúas comunidades autónomas.

Nela participaron o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o conselleiro de Fomento da Junta de Castilla y León, Antonio Silván, presididos polo alcalde de Ponferrada e deputado, Carlos López Riesco.
Tamén asistiu Moisés Blanco Parádelo, Vicepresidente da Deputación de Ourense e voceiro do PP no Barco de Valdeorras. e o alcalde de Quiroga Julio Álvarez.

A-76 Ourense-Ponferrada

Reclamamos o desbloqueo da Autovía Ourense-Ponferrada (A-76), infraestrutura na que non se ten avanzado dende que en setembro de 2008 o Ministerio de Fomento someteu o expediente a información pública. Pedimos unha vez mais que a licitación da redacción do proxecto de trazado e construcción teña lugar antes de que remate o presente ano e que dentro da nova programación de Fomento sexa considerada como prioritaria e se asegure o seu financiamento.

Unha vez mais coincidimos en que a conexión por autovía entre as cidades de Ourense-Monforte- Ponferrada, duns 150 kilómetros e un investimento aproximado de 1.110 millóns de euros, exercería as funcións de corredor de conexión subcantábrico e tería unha importancia vital na ordenación territorial das comarcas polas que discorrerá, así como no desenvolvemento económico desas zonas.

Actualmente o percorrido por estrada entre Ourense e Ponferrada implica máis de dúas horas. Coa autovía, o traxecto veríase reducido a unha hora e cuarto, cun aforro de tempo do 36% o que se traduciría ao mesmo tempo en importantes aforros económicos para os usuarios, ademais dun incremento notable da súa seguridade.

AVE Ponferrada-Ourense

En canto ao AVE Monforte-O Barco de Valdeorras-Ponferrada, coincidimos en que se trata dunha infraestrutura sobre a que recentes declaracións de responsables soicialistas teñen sementado dúbidas que é necesario despexar, e pedimos un pronunciamento do Goberno central garantindo a súa execución como alta velocidade, comprometendo prazos e orzamentos concretos.

Unha vez máis recordamos que o Ministerio de Fomento acordou o 14 de febreiro de 2003 a licitación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do “Estudo informativo do proxecto de liña de alta velocidade Ponferrada-Monforte de Lemos”. Adxudicouse o 12 de xuño dese ano á empresa de enxeñería Sener por importe de 851.000 euros e a realidade é que hoxe, case sete anos logo daquela adxudicación, non se sabe nada de devandito estudo informativo.

É inescusable que o día 21 no Congreso, o Ministro de Fomento despexe estas incognitas.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/04/16/0003_8421306.htm
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=521367
http://www.diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=521365
http://www.la-cronica.net/2010/04/16/el-bierzo/junta-y-xunta-abogan-por-una-voz-unica-del-noroeste-para-pedir-el-ave-77017.htm
http://www.infobierzo.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3354:cumbre-en-ponferrada-de-los-responsables-de-infraestructuras-del-pp-en-galicia-y-castilla-y-leon-antes-de-la-comparecencia-de-jose-blanco&catid=30:portada

http://www.larazon.es/noticia/846-castilla-y-leon-y-galicia-exigen-que-se-agilicen-infraestructuras-del-noroeste
http://www.europapress.es/castilla-y-leon/leon-00369/noticia-consejeros-fomento-galicia-cyl-intensificaran-presion-gobierno-cumpla-ave-76-20100415201103.html
http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar3601.html