sábado, 17 de abril de 2010

Facendo balance do Goberno galego en Narón

Hoxe viaxei a Narón pois no lugar de Castro no Pazo Libunca de Narón, reuníase a Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia.

O noso presidente Alberto Núñez Feijóo, avanzou que presentará próximamente un Plan Estratéxico de Economía 2010-2014 que xerará investimentos por valor de 46.000 millóns de euros e conterá máis de 100 medidas atendendo a 400 indicadores económicos.

Feijóo fixo balance da súa xestión á fronte da Xunta e agradeceu a Xunta Directiva o traballo realizado para devolver ao partido o Goberno galego.
Estruturou a súa intervención en torno ao contrato que asinou con Galicia o 11 de febreiro de 2009, cando era candidato á Presidencia da Xunta e asegurou que a vixencia daquel compromiso segue intacta.

De seguido analizou os catorce eixos que o conforman:

Emprego

Tras asegurar que a nosa taxa de paro é 5,4 puntos inferior á media estatal, Feijóo asegurou que Galicia está máis preto que hai un ano de deixar de xerar parados. Destacou o Plan de Emprego, dotado de 1.200 millóns, e o Plan de Acción Social, que xerará 10.000 postos de traballo no ámbito dos servizos sociais.

Estratexia económica

Ademais do Plan Estratéxico de Economía, Feijóo destacou o Plan de Choque, que incluía 40 medidas e 1.200 millóns mobilizados, ou os programas de axuda á automoción, ao sector lácteo, ao pesqueiro, ao turístico ou ao naval. Ademais, fixo referencia á necesidade de que Galicia siga tendo caixas e lamentou que unha parte do PSOE non teña a mesma intención.

Austeridade

Destacou que os políticos cobran agora menos que o ano pasado, e destacou que se reduciu nun 26% o número de asesores da Xunta, nun 25% o número de consellerías e nun 3% o dos altos cargos. Tamén valorou a racionalización dos gastos do parque móbil da Xunta.

Menos Impostos

Destacou a rebaixa nas taxas universitarias, os recortes no IPT e o imposto sobre AJD, e as reducións nas peaxes de titularidade autonómica.

Sanidade con garantías

Destacou o recorte nas listas de espera prestando especial atención ao caso da atención aos pacientes graves, onde a redución é case do 50% nun ano, até quedar nos 21 días. Encomiou a xestión eficiente do sector e o impulso ás novas infraestruturas hospitalarias de Vigo, Lugo e Pontevedra.

Lei de dependencia efectiva

Feijóo destacou que a Xunta atendeu a un 72% máis de dependentes que o Goberno anterior en só un ano, pasando de 14.000 a 24.000 persoas atendidas. Ademais, lembrou que a Xunta xa paga os atrasos que debe.

Opcións de conciliación

Destacou que a Xunta creou 2.500 prazas de comedores escolares e 4.500 prazas de gardaría para facilitar aos pais o seu labor educativo.

Xuventude en primeiro plano

Cunha taxa de paro xuvenil que se duplicou na etapa do bipartito, a Xunta impulsará un Plan Estratéxico de Xuventude. Ademais, apostou por alcanzar un gran pacto polo rexuvenecemento demográfico de Galicia.

Equilibrio Territorial

Destacou a necesidade de lograr a igualdade de oportunidades entre territorios, e asegurou que o Plan Move de Infraestruturas, con 4.200 millóns comprometidos para que o 80% dos galegos estean a 10 minutos ou menos dunha vía de altas prestacións, será determinante. Tamén fixo referencia ao Pacto do Obradoiro pola chegada do AVE a Galicia e aos plans Impulsa Lugo, Impulsa Ourense e Ferrol.

Medio Ambiente

O presidente destacou o Proxecto de Lei de Augas, o Plan de Xestión de Residuos Urbanos ou o Plan de Infraestruturas Hidráulicas. Ademais, fixo mención especial á Lei do Solo e ao Plan do Litoral, que protexe o territorio de modo intelixente.

Innovación

Valorou os plans para a innovación e o fomento da mesma nas pemes ou a posta en marcha da Axencia Galega de Innovación.

Reforma da Administración

Feijóo asegurou que a Xunta se modernizou, adelgazou, paga mellor aos seus provedores e aplícase unha austeridade que non posúe o Goberno de España, que crea vicepresidencias mentres a Xunta recorta as súas consellerías.

Identidade e liberdade

Galicia é libre e bilingüe, e por iso apostou por seguir trasladando a cordialidade lingüística da rúa ás aulas. Destacou a súa aposta pola liberdade nas escolas, para que os alumnos falen no idioma que queiran, ou nas oposicións, para que os alumnos se examinen na lingua que escollan.

Rexeneración democrática

Lembrou que a Xunta que preside é capaz de pactar con todos: concellos, Estado, axentes sociais e oposición, e destacou que nunca o PPdeG se conformou coa maioría absoluta, senón que escoita a todos e trata de acordar con todos. Feijóo destacou que a Xunta atende á rúa e por iso non dubidou en rectificar cuestións como as referidas á supresión das pensións non contributivas, non dubidou en modificar cuestións como as das dietas dos deputados, e non dubidou á hora de dotar de máis garantías as probas de acceso á Administración pública.