Hoxe o noso portavoz Cristobal Montoro defendeu unha Moción expresando o non máis rotundo e máis firme á subida do IVE; un non por ser prexudicial para a crise económica e para a recuperación do emprego en España; un non por ser ineficaz -así non se provén máis ingresos para o Estado- e un non por ser inxusto, profundamente inxusto. Explicou que estamos falando dun imposto que grava ás rendas máis baixas, un imposto sobre os parados e os pensionistas, un imposto sobre as familias que teñen máis membros ao seu cargo. En definitiva, o máis inxusto dos impostos que pagan proporcionalmente os que menos renda teñen.
Aludiu a que subindo o IVE, cada fogar español pagará máis de 600 euros ao ano; e cada persoa en España pagará 250 euros máis en forma de novos impostos. Así o advertiron a Comisión Europea, a OCDE, numerosos estudos dentro e fóra de España.
Dixo que a lista de sectores prexudicados é innumerable: turismo, servizos sanitarios, servizos sociais, a automoción, a venda de hidrocarburos, a transferencia de vivendas novas. En suma, toda a economía española verase claramente prexudicada, gravada pola subida do IVE.
Finalizou expondo que hai alternativas, baixar o gasto público, tal como propuxo o Grupo Parlamentario Popular ao comezo do debate dos orzamentos do ano 2010, cando expuxo baixar o nivel de gasto público en 10.000 millóns de euros. Reprochou aos socialistas que se se fixo isto, non terían nin sequera a escusa, a xustificación nin o pretexto para subir o IVE.
Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos emitidos, 347; a favor, 170; en contra, 176; abstencións, unha.
Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos emitidos, 347; a favor, 170; en contra, 176; abstencións, unha.