sábado, 13 de febrero de 2010

O Congreso aproba una iniciativa do PP para que pemes e autónomos non paguen o IVE das facturas se non cobraron

Este pasado martes o Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade tomar en consideración unha proposición de Lei do Grupo Parlamentario Popular que insta no goberno español a facilitar que as pemes e os autónomos non teñan que tributar o IVE das facturas se non as cobraron.
A nosa proposta foi defendida pola deputada e voceira adxunta Fátima Bañez, calidicandoa como unha "auténtica revolución" na forma de pago deste sector e unha axuda en tempo de crise para aumentar a súa liquidez e o acceso ao crédito.

A nosa proposta acredita unha vez mais como o PP, cun discurso construtivo, propón medidas para superar a crise, manter abertos negocios e crear emprego

Esperamos que este mesmo acordo que alcanzamos o ano pasado, pero que aínda non se cumpriu, non se frustre agora e que en consecuencia esta proposición de lei admitida a trámite siga o seu curso e termine nun texto legal en vigor.

Pemes e autónomos demándannolo.