martes, 9 de febrero de 2010

Fronte ao nerviosismo do PSOE, a alternativa serena do PP.



Hoxe deu comezo un período de sesións crucial.


Os próximos meses serán determinantes para o noso Grupo Parlamentario, pero serán, sobre todo, vitais para o conxunto do país.

A prioridade do GPP seguirá sendo, sen dúbida, a economía.


Por iso, o primeiro, pedimos -e logramos- a comparecencia do Presidente do Goberno para que veña a explicar á Cámara e a todos os españois a realidade da situación económica, as medidas que pensa propor e sobre todo se se considera capacitado para polas en marcha.


O segundo, levamos meses esixindo un Plan de Austeridade. Comezamos nesta mesma tarde: debáteuse a nosa proposta de reducir nun 25% os altos cargos e asesores do Goberno. E hoxe tamén debateuse nesta Cámara unha Proposición de Lei para lograr comprometer ao Goberno a que permita que PEMES e autónomos non paguen IVE polas facturas que non cobraron. Ambas foron aprobadas.


O terceiro: estamos en contra da subida de impostos e seguiremos demostrando, nesta Cámara, que é prexudicial para a economía española.


Promoveremos unha rebaixa selectiva de impostos, porque cremos que é a mellor fórmula para impulsar o círculo virtuoso do consumo e a actividade económica.

Estas son as nosas tarefas prioritarias neste momento. Máis que nunca, a nosa oposición será crítica, pero tamén construtiva.


Fronte ao nerviosismo do PSOE, a alternativa serena do PP.