sábado, 28 de noviembre de 2009

Trinta anos de traballo ó servizo dos empresarios de San Cibrao



Este xoves fun invitado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao á cea coa que puñan fin aos actos do seu 30 aniversario. Nese concorrido acto recoñeceuse o labor dos empresarios que en 1979 constituíron a citada asociación. Alí estiveron os fundadores e algúns dos presidentes da organización empresarial nas súas tres décadas de vida.

O presidente Manuel Rodríguez de la Fuente fixo unha completa intervención na que destacou o papel dos empresarios e da iniciativa privada no desenvolvemento económico provincial. E referiuse á necesidade dunha conexión directa do Polígono, que da traballo a 8.000 persoas e alberga a 300 empresas, coa A-52.

Ten toda a razón pois polos viarios do Polígono Industrial de San Cibrao circulan 20.000 vehículos ao día, dos que 8.000 son de tráfico pesado, e é un feito que o aumento do tráfico e a puxanza económica do polígono fan necesaria a realización de infraestruturas que garantan a competitividade das empresas radicadas nel. Tomamos nota da necesidade de seguir traballando no logro deste obxectivo


Parabéns a esta excelente Asociación.