miércoles, 4 de noviembre de 2009

Medra de xeito preocupante o paro en Galicia.


-->
Acaban de coñecerse os datos do paro rexistrado correspondentes ó mes de outubro de 2009.

O paro rexistrado incrementouse en Galicia, en valores absolutos, en 8.458 persoas. Esto supón en valores porcentuais un aumento do 4,22% con respecto ao mes anterior.

Galicia acada os 208.923 parados fronte os 200.465 do mes de setembro e os 168.423 do mesmo mes do ano anterior.

O paro cébase fundamentalmente no sector servizos acadando os 117.006 parados, seguidos dos 32.018 dá industria, os 31.729 dá construción e os 5.587 dá agricultura e pesca.

Estos datos publicados deberían facer reflexionar ao Goberno de Zapatero sobre a necesidade de rectificar a nefasta política económica.

O Executivo socialista ademais dun xeito unilateral retiró as axudas para o fomento do emprego que viña recibindo Galicia e que agora non percibe malia que outras comunidades con necesidades de converxencia parecidas se ou fan.
.