sábado, 3 de octubre de 2009

Decepción ante a caída dos investimentos do Ministerio de Medio Ambiente en relación coas infraestruturas hidráulicas


En rolda de prensa en Santiago, este sábado reclamei ao BNG que non anuncie que votará non aos Presupostos Xerais do Estado de Zapatero despois de catro anos avalando os seus desprezos, pois todo pode quedar nun mero amago. Por este motivo, insté ao Bloque Nacionalista Galego a actuar con responsabilidade facendo o mesmo que fará o PPdeG, que é dicir non a uns presupostos que obrigan aos cidadáns a pagar máis impostos a cambio de recibir menos investimentos.

Invité a non esquecer que “os fracasos da política económica e presupostaria dos socialistas son tamén os fracasos da política económica e presupuestaria do BNG”, pois dende que os socialistas están no Goberno de España, aprobaron catro presupostos contando co apoio do BNG, entre eles os de 2008 e 2009 –inflados por puro electoralismo, irreais e incribles, como denunciou o PP no seu momento- dos que se deriva á débeda de Galicia co Estado de 1.900 millóns de euros. Unha débeda da que, por tanto, o BNG tamén é responsable.

En calquera caso, nestes momentos ao BNG preséntaselle a oportunidade de deixar de ser o flotador do PSOE e do presidente do Goberno central no Congreso, quen por Galicia sente calquera cousa menos respeto. Por iso, invité á organización nacionalista a “que non amague, que presente a enmenda á totalidade e que nas súas negociacións co Goberno opte pola lealdade a Galicia e non á lealdade aos seus intereses e aos dos gobernos bipartitos que ten na nosa Comunidade”.


MEDIO AMBIENTE ESQUECIDO


Tamén fixen fincapé en que os PXE de 2010 poñen en serio risco a posta en marcha de infraestruturas clave para Galicia, non só ferroviarias senón tamén doutra índole, como no mediambiental.


Neste senso, manifesté que “estamos especialmente decepcionados coa caída dos investimentos do Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino, en relación coas infraestruturas hidráulicas, pois o descenso é dun 49%”, dixo. Afirmei que o Estado abandonou a Galicia no saneamento das rías e que amosa un escaso interese polo medio ambiente galego, pola calidade das augas de Galicia e polo seu patrimonio natural.


Nesta liña lamentei que para o Goberno central o plan de tratamento das augas e as depuradoras non sexan unha prioridade e queixeime de que o Estado deixe nas mans da Xunta a posta en marcha das infraestruturas de saneamento das augas, poñendo así en risco outras infraesturutas de titularidade autonómica. A Xunta terá que pagar con fondos autonómicos obras que debería asumir o Estado e deixará así de levar a cabo importantes inversións noutros sentidos. De feito, dirixime directamente a Elena Espinosa con contundencia: “Que saiba a ministra que imos estar moi enriba deste asunto, pediremos explicacións e presentaremos enmendas, porque o que non se pode é cargar sobre o Goberno da Xunta incumprimentos en materia de saneamento que lle corresponden ao Goberno central”.


AVE


Con respecto ao AVE, manifestei que espera que Blanco cumpra o compromiso subscrito no Pacto do Obradoiro pero asegurei que os populares non consentirán máis retrasos na posta en marcha da alta velocidade en Galicia e estarán moi vixiantes no cumprimento dos compromisos acordados cos galegos como testemuñas.


Engadin ademais que os que critican o pacto do Obradoiro agora son os que non tiveron ningún reparo en apoiar presupostos que nin se cumprían nin se executaban en Galicia e que, ademais, evitaron a reprobación da ministra que máis prexudicou os intereses da nosa Comunidade, Magdalena Álvarez.


NON AOS PXE 2010


Rematei decindo que á falta de execución dos últimos cinco anos en Galicia e ao modelo de financiación autonómica tóxica non se lle podía sumar unha reducción dos Presupostos para o ano 2010. Por iso, adiantou que o PP vaise opoñer “frontalmente” aos PGE de 2010 por ser “uns presupostos antisociais, por ser os presupostos do paro, do déficit e da débeda e porque ademáis non cumpren con Galicia”.