Sobre Celso Delgado

Nacín na cidade de Ourense o 23 de febreiro de 1958. Son o segundo dunha familia de seis irmáns. Os meus pais, Pepe e Tona, son tamén ourensáns.

O meu pai dedicouse ata a súa xubilación a dirixir unha empresa de venda de calzado fundada nos anos trinta polo meu avó paterno na rúa da Paz de Ourense. Eran os coñecidos "Calzados Delgado". A miña nai, dedicouse sempre á enorme tarefa de coidar dunha familia tan numerosa e por certo dun xeito exemplar.

Aprendín as miñas primeiras letras e números no colexio Sueiro, despois estudei no Colexio Marista Santa María ata o COU, que cursei no Colexio Concepción Arenal.

Chegado o momento de optar por unha carreira decidín estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Comencei o primeiro curso no ano 1975 e poucos días logo de iniciar as clases morreu Franco. 

Tocáronme cinco anos de especial interese en España e en concreto na Universidade, o tránsito da ditadura á democracia, o nacemento da autonomía de Galicia, a aprobación dunha nova Constitución,etc.

Finalizada esta etapa volvín a Ourense e empecei a traballar como pasante no bufete do letrado, Camilo Quelle. Alí con ese gran mestre aprendín os primeiros rudimentos da profesión de avogado. E no ano 1983 abrín o meu propio despacho na rúa da Concordia. Máis adiante coñecín a unha avogada, Ana Rosa Rodríguez coa que me casei e montei un novo bufete na rúa do Paseo.

O exercicio profesional compaxinábao coa miña asesoría xurídica na Cámara de Comercio e Industria de Ourense, que máis adiante na etapa da presidencia dun gran emprendedor Jorge Bermello converteuse na vicesecretaría desa Corporación. Foi na Cámara onde iniciei o meu contacto co público, cos problemas e as inquedanzas da nosa provincia, e dende alí impulsamos o asociacionismo comercial, o novo recinto feiral de Ourense, EXPOURENSE e demos os primeiros pasos dun centro comercial promovido polos ourensáns, Pontevella. 

En 1997, estando alleo á actividade política, recibín a invitación para incorporarme ás listas do Partido Popular encabezando a súa candidatura nas eleccións ao Parlamento de Galicia. Alí tiven a honra de ser elixido vicepresidente primeiro, aínda que non concluín a lexislatura, o meu Partido presentoume como candidato nas eleccións xerais de 2000, resultando electo como Deputado nas Cortes e desde aquela data, logo doutras cinco eleccións, en 2004, 2008, 2011, 2015 e 2016 represento politicamente aos ourensáns. 

................................................................................................................

Nací en la ciudad de Ourense el 23 de febrero de 1958. Soy el segundo de una familia de seis hermanos. Mis padres, Pepe y Tona, son también ourensanos.

Mi padre se dedicó hasta su jubilación a dirigir una empresa de venta de calzado fundada en los años treinta por mi abuelo paterno en la calle de la Paz de Ourense. Eran los conocidos “Calzados Delgado”. Mi madre, se dedicó siempre a la enorme tarea de cuidar de una familia tan numerosa y por cierto de una manera ejemplar.

Aprendí mis primeras letras y números en el colegio Sueiro, después estudié en el Colegio Marista Santa María hasta el COU, que cursé en el Colegio Concepción Arenal.

Llegado el momento de optar por una carrera decidí estudiar Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela. Comencé primer curso en el año 1975 y pocos días después de iniciar las clases murió Franco. Me tocaron pues cinco años de especial interés en España y en concreto en la Universidad, el tránsito de la dictadura a la democracia, el nacimiento de la autonomía de Galicia, la aprobación de una nueva Constitución,etc.

Finalizada esta etapa volví a Ourense y empecé a trabajar como pasante en el bufete del letrado, Camilo Quelle. Allí con ese gran maestro aprendí los primeros rudimentos de la profesión de abogado. Y en el año 1983 abrí mi propio despacho en la calle de la Concordia. Más adelante conocí a una abogada, Ana Rosa Rodríguez con la que me casé y monté un nuevo bufete en la calle del Paseo.

El ejercicio profesional lo compaginaba con mi asesoría jurídica en la Cámara de Comercio e Industria de Ourense que más adelante en la etapa de la presidencia de un gran emprendedor Jorge Bermello se convirtió en la vicesecretaría de esa Corporación. Fue en la Cámara donde inicié mi contacto con lo público, con los problemas y las inquietudes de nuestra provincia, y allí trabajamos en impulsar el asociacionismo comercial, el nuevo recinto ferial de Ourense, EXPOURENSE y dimos los primeros pasos de un centro comercial promovido por los ourensanos, Pontevella.

En 1997, estando ajeno a la actividad política, recibí la invitación para incorporarme a las listas del Partido Popular encabezando su candidatura en las elecciones al Parlamento de Galicia. Allí tuve el honor se ser elegido vicepresidente primero, si bien no concluí la legislatura pues mi Partido me presentó como candidato en las elecciones generales de 2000, resultando electo como Diputado en Cortes y desde aquella fecha, después de otras cinco tro elecciones 2004, 2008, 2011, 2015 e 2016 represento políticamente a los orensanos.
Con la tecnología de Blogger.