Hoxe na sesión de control do
Parlamento de Galicia o presidente da Xunta, Alfonso Rueda cualificou este como unha
“estafa” a transferencia da AP-9 a Galicia acordada no Congreso dos
Deputados e elevou ata os 4.000 millóns de euros a factura que a
administración autonómica podería ter que pagar no caso de asumir esa
competencia e que teña que revogar a prorroga da concesión declarada
ilegal pola Comisión Europea.
Rueda pediu que se respecte
o Parlamento e o acordo saído da Cámara galega. "Non imos deixar, por
moito que se empeñen, que nos movan os marcos", concluíu.