miércoles, 8 de julio de 2026

Paula Prado afirma que o Goberno central está “finiquitado” cun presidente “atrincherado” e esixe que se lle dea voz á cidadanía


Hoxe o 
Parlamento de Galicia aprobo unha PNL do Grupo Parlamentario Popular sobre  a proposta de resolución que se presenta co fin de reclamar a convocatoria de eleccións xerais e mais a demanda que a Xunta debe trasladar ao Goberno central en relación coa corrupción que está a afectar ao PSOE.

Está é a  Resolución:

1º. Censurar a anomalía que supón non ter realizado en toda a lexislatura ningún dos dous procedementos democráticos que permiten comprobar se o Goberno de España conserva a confianza parlamentaria: a tramitación da Lei de Orzamentos Xerais do Estado e a celebración dun Debate sobre o Estado da Nación no Congreso coa consecuente votación de resolucións sobre o programa do Goberno.

2º. Constatar o bloqueo político no que se instalou a actual lexislatura, cun Goberno estatal que non logrou aprobar nin unha soa Lei de Orzamentos e cunhas Cortes Xerais que aprobaron o menor número de iniciativas lexislativas en 33 meses de todas as lexislaturas do actual período democrático.

3º. Constatar a necesidade de que o Goberno de España e o seu presidente asuman as responsabilidades políticas necesarias polos múltiples casos de corrupción que se investigan en relación coas súas actividades e coas do PSOE e que desembocaron na investigación por distintos delitos de corrupción dos dous secretarios de Organización do PSOE designados por Pedro Sánchez e de numerosos altos cargos do Goberno, incluído o exministro de Transportes.

4º. Amosar a vontade da Cámara galega de que o presidente do Goberno de España propoña a disolución das Cortes Xerais e proceda á inmediata convocatoria de eleccións xerais, de conformidade coa prerrogativa que lle confire a lexislación vixente, de tal xeito que os cidadáns poidan pronunciarse democraticamente sobre a situación política actual e determinar a composición dun novo Goberno con respaldo suficiente para afrontar os retos do país.

Asemade, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para requirirlle que depure responsabilidades en relación coa operación que presuntamente implica altos cargos e ex altos cargos do Goberno de España en actuacións financiadas polo PSOE para entorpecer as investigacións xudiciais e policiais que afectan ao Goberno, ao PSOE e á contorna familiar do presidente Sánchez."

No debate desta PNL a secretaria xeral do PPdeG e viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular, Paula Prado, dixo, que o Goberno central está máis preocupado por resolver os problemas xudiciais da familia de Pedro Sánchez e do PSOE que dos cidadáns: “Esta goberno non goberna, simplemente, está no goberno”.

 

Así, ante un executivo “finiquitado”, volveu reclamar a inmediata convocatoria de eleccións xerais para que os españois poidan pronunciarse democraticamente sobre esta situación “inasumible”. Neste punto, Paula Prado denunciou o bloqueo político no que está instalada a actual lexislatura, sen ningún impulso para as políticas públicas, e un presidente incapaz de aprobar as contas e, tamén, de rendelas. E é que nin remitiu ao Congreso nin un só proxecto de Orzamentos Xerais, nin celebrou, tampouco, ningún Debate sobre o Estado da Nación. Pola contra, ostenta o récord da iniciativa lexislativa máis pobre de toda a nosa historia democrática.

 

Para a secretaria xeral dos populares, Pedro Sánchez permanece “atrincherado” na Moncloa, porque “sabe que a rúa lle deu as costas”: “Continúa porque necesita gañar tempo para defenderse, para resistir e para tapar os escándalos”. E instouno a que asuma as responsabilidades políticas polos múltiples casos de corrupción que se investigan en relación coas súas actividades e co PSOE. Neste punto, cualificou de “demoledora” a realidade: 126 imputados, unha cifra que supera o número de deputados socialistas.

 

Para rematar, a viceportavoz popular, ademais da corrupción económica e pública, fixo referencia á “corrupción moral” ao afear o falso feminismo que socialistas e nacionalistas galegos practican, ao actuar sen ningunha contundencia contra o ex presidente da Deputación de Lugo e actual alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé: “O PSdeG sigue abrazando ao señor Tomé e o BNG é cómplice”. “Así resulta difícil recibir leccións de feminismo de calquera de vostedes”, concluíu.