sábado, 6 de diciembre de 2025

Celebrando en Ourense o 47 aniversario da Constitución Española

Asisto esta mañá no auditorio de Ourense ao acto institucional de conmemoración da Constitución Española.No acto, foron entregados os premios da 41ª edición do Concurso da Constitución, e contou coa actuación da Banda de Guerra da Brigada Galicia VII da BRILAT, en  agradecemento ao traballo realizado por esta unidade militar durante a grave vaga de incendios que sufriu a provincia de Ourense o pasado verán.

Foron entregadas seis mencións especiais, cinco delas outorgadas polos labores realizados durante os terribles incendios do pasado verán, en concreto, para o Quinto Batallón de Intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME),  a BRIF de Laza, a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, e á Comandancia da Garda Civil de Ourense. 

A outra mención foi para o Xornal O Sil, que recolleu o seu director Carlos G. Hervella. Tamén houbo un recoñecemento á asociación Aixiña, polo seu labor en prol da inclusión cultural e social das persoas con diversidade funcional.