Asisto esta mañá no auditorio de Ourense ao acto institucional de conmemoración da Constitución Española.No acto, foron entregados os premios da 41ª edición do Concurso da Constitución, e contou coa actuación da Banda de Guerra da Brigada Galicia VII da BRILAT, en agradecemento ao traballo realizado por esta unidade militar durante a grave vaga de incendios que sufriu a provincia de Ourense o pasado verán.
Foron entregadas seis mencións especiais, cinco delas outorgadas polos labores realizados durante os terribles incendios do pasado verán, en concreto, para o Quinto Batallón de Intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME), a BRIF de Laza, a Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense, e á Comandancia da Garda Civil de Ourense.
A outra mención foi para o Xornal O Sil, que recolleu o
seu director Carlos G. Hervella. Tamén houbo un recoñecemento á asociación
Aixiña, polo seu labor en prol da inclusión cultural e social das persoas con
diversidade funcional.


