A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse hoxe ata Bande para dar conta desta actuación.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación desta intervención e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 15 de decembro.
Allegue subliñou que o obxectivo da Xunta é comezar estes traballos na primavera do vindeiro ano 2026 e desenvolvelos ao longo dun prazo de execución de arredor de 18 meses.
Trátase do acondicionamento da OU-540, concretamente do tramo Celanova- Bande, pasando por Verea, un treito que suma unha lonxitude de 14 quilómetros.
As obras inclúen o pavimentado de todo o tramo, a ampliación da plataforma, a creación de terceiros carrís para o adiantamento ou a rectificación de varias curvas.
O proxecto tamén contempla para os núcleos de Agrelo e Carballo, no municipio de Verea, a dotación de sendas peonís nas marxes da citada estrada autonómica.
María M. Allegu puxo en valor o compromiso da Xunta coa vertebración da provincia de Ourense cos obxectivos de mellorar as comunicacións, contribuír ao asentamento poboacional, especialmente no rural, e reforzar o dinamismo económico e o desenvolvemento social.
Neste sentido, detallou que así o reflicten os Orzamentos da Xunta para o próximo ano, que consignan para as infraestruturas unha dotación de 263M€, reforzando a conservación e a seguridade viaria cun investimento récord de 71,6M€.
.jpeg)
