sábado, 26 de julio de 2025

No Mosteiro de Trandeiras



Visito esta mañá o Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras asediado na parroquia de San Pedro da Pena, a un 5 km ao nordés de Xinzo de Limia. 

Está á beira da que foi a máis extensa lagoa galega “Antela”, e localizado nun outeiro a cuxos pés se asenta a aldea de Trandeiras. 

A orixe do Convento do Bon Xesús de Trandeiras sitúase nos inicios do século XVI. A súa construción, impulsada polo prior do Mosteiro de Xunqueira de Ambía Alonso de Piña, estaría relacionada coa lenda dunha milagrosa aparición da Virxe María co Niño Xesús a Xoán Folgoso, veciño de Trandeiras, lugar pertencente naquel momento á xurisdición de Alonso de Piña. No ano 1520 comezan as obras, dirixidas por Bartolomeu de Nosendo, un dos primeiros artistas portugueses que sabemos que traballou en Galicia.

O convento franciscano estaría composto pola igrexa, o refectorio, o claustro, os dormitorios, a hospedería e a horta pechada cun muro moi alto de pedra. Ademais, dentro da preto do mosteiro edificouse unha ermida dedicada a Santa Catalina. Tras a morte do seu promotor en 1544, realizáronse diversas obras posteriores, como a capela da Concepción no ano 1600. É un momento de esplendor do convento con afluencia de peregrinacións desde Castela e Portugal.
O día de Nadal de 1669, un incendio arruinou o convento, pero este foi reconstruído. No ano 1685 caeu un gran tramo de parede pola parte inferior da esquina que dá ao mediodía, que tamén foi reconstruída. Ao longo do século XVIII fixéronse diversas obras e a comezos do XIX as tropas napoleónicas provocaron graves desfeitas no convento. O 3 de febreiro de 1813 o convento sofre un novo incendio, o que require dunha nova reconstrución. Nese século, o convento foi prisión para algúns relixiosos.

A finais de 1835, a Xunta de Armamento e Defensa da Coruña ordena suprimir os conventos galegos por razóns de seguridade nacional #ante os guerrilleiros carlistas. Durante a Desamortización de Mendizábal (1836-1837), o convento da Limia pasa a mans do Estado español e os franciscanos teñen que abandonalo tras tres séculos de actividade.





Desde o Monsterio podése ver ao lonxe a Torre da Pena, que recibe tamén a denominación de Portelam de Sanctio Iohannis, Castelo de Portela de Pena ou Castelo dá Porteliña, 

A súa situación estratéxica cara á lagoa e a súa altura da torre fixo que non fose necesario construíla nun monte máis alto dos que se atopan nas proximidades.