Asisto onte no Auditorio Municipal Padre Manuel Feijóo en Nogueiró, Outomuro, Cartelle ao acto de entrega do Veliano de Honra 2026 a Emilio García Fernandez.
Un acto organizado
pola Fundación Carlos Velo, onde foi destacada o labor do homenaxeado como
catedrático, historiador do cinema e o “sentimento ourensán” e o “orgullo de
pertenza” do homenaxeado ao longo de toda a súa carreira.
A presentación
inicial foi a do alcalde, Jaime Sousa, seguido pola intervención da presidenta da fundación, Carmen Leyte, e unha laudatio a
cargo do crítico e escritor Miguel Anxo Fernández.
Tamén interveu o
presidente da Diputación de Ourense, Luis Menor e
o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo.

